Sede electrónica

23:45:03 coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Casa de Acollida de Animais Domésticos



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Obxecto Inscrición na base de datos municipal e do centro de recollida como Hogar de Acollida de animais domésticos, unha vez verificado polo Concello que se reúnen as condicións establecidas para o seu recoñecemento.
Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.
Requisitos exigidos - Presentación da Declaración Responsable (segundo modelo normalizado existente na web e nos rexistros municipais)
- Non ser sancionado por infraccións en materia de tenencia de animais, nin penal nin administrativamente, nos últimos 5 anos.
- Non ser sancionado nin penal nin administrativamente, durante o mesmo período, por infraccións en materia de seguridade cidadá, Ordenanza de limpeza e Ordenanza de protección contra a contaminación acústica.
- Non acharse inhabilitado, nin penal nin administrativamente, para a tenencia de animais.
- Ter plenas facultades e estar habilitado legalmente para solicitar o alta como fogar de acollida
- Asumir as responsabilidades por danos que poidan causar os animais acollidos, nos termos do art. 1905 do Código civil.
- Aceptación expresa das actuacións de verificación que poida levar a cabo o Concello para comprobar que se reúnen os requisitos esixidos para ser inscrito como fogar de acollida.
- Acompañar unha descrición do aloxamento que se propón como fogar de acollida (metros cadrados da vivenda, lugar onde se aloxará o animal)
Lugar de presentación - A través do Rexistro Telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.

Deberá utilizarse o procedemento da sede electrónica chamado SOLICITUDE XERAL, ao que se anexará a Declaración responsable á que fai referencia nos apartado Requisitos esixidos desta ficha informativa (descargar a impreso "Instancia de solicitude").


- De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:

  • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.

  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.

  • Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.

  • - Nos lugares establecidos no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.




    Órgano Xestor Servizo de Medio Ambiente - Departamento de Xestión Administrativa
    Órgano competente para a inscrición Concellería de Medio Ambente, por delegación das facultades da Alcaldía Presidencia.

    Normativa
    Ley 4/2017 Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar de animais de compañía en Galicia.

    Ver ficheiro...
    Ley 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

    Ver
    L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

    Ver

    Tramitación presencial
    Instancia de solicitude
    Lenda
    Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
    Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática