Sede electrónica

02:08:59 coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Subvenciones para el mantenimiento de taxis adaptados a personas con discapacidad



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición É obxecto desta convocatoria outorgar axudas económicas en réxime de concorrencia non competitiva cuxa finalidade é o financiamento dos gastos de mantemento e conservación dos taxis adaptados en que incorresen entre o 1 de xaneiro de 2019 e a data de publicación da convocatoria no BOP os titulares dun taxi adaptado para o transporte de persoas con mobilidade reducida con discapacidade que teñan licenza de taxista no municipio da Coruña.
Forma de inicio A petición da persoa interesada
Suxeito Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións as persoas físicas, as xurídicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, que aínda carecendo de personalidade xurídica, estean validamente constituídas e sexan titulares dunha licenza de autotaxi adaptado para o transporte de clientes con mobilidade reducida ou discapacidade concedidas polo concello da Coruña e desenvolvesen a súa actividade durante o ano.
Prazo de presentación Do 9 ao 30 de maio de 2019
Lugar e forma de presentación - A través do rexistro telemático identificándose co DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.

- De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello:

*Concello de A Coruña Praza de María Pita nº 1 C.P. 15001 A Coruña
*Fórum Metropolitano Rúa Río de Monelos nº 1 C.P. 15006 A Coruña
*Centro Sociocultural Ágora Rúa Ágora s/n C.P. 15010 A Coruña
*Rexistro Área Económica Rúa da Franja, nº 20 C.P. 15001 A Coruña

- Por correo certificado dirixido ó Rexistro Xeral do concello

- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimiento administrativo común das Adminstracións Públicas.
Tributos Ningún
Órgano Xestor Concellaría de Xustiza Social e Coidados
Órgano Xestor A Terceira Tenente de Alcalde, responsable da Área de Xustiza Social e Coidados, por delegación da Xunta de Goberno Local, segundo Acordo da Xunta de Goberno Local de 30.06.2017 (BOP núm. 132 de 13.07.2017)
Prazo máximo de resolución e notificación Seis meses, contado a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes
Observacións Contía total: 15.000,00¤, con cargo á aplicación orzamentaria 51 231 479.01
O importe global de 15.000¤ dividirase a partes iguais entre todos os solicitantes que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria ata esgotar o crédito total sen que poida superarse a cantidade consignada anualmente polo Concello para esta finalidade, incluídos, no seu caso, os suplementos procedentes de modificacións orzamentarias, sen que a contía concedida a cada unha delas individualmente supere o importe xustificado coas facturas.
No caso de que a cantidade asignada mediante esta repartición a un ou varios beneficiarios exceda o límite subvencionable en cada un dos beneficiarios, os importes restantes volver dividir a partes iguais entre os restantes beneficiarios ata esgotar o crédito orzamentario.
Efectos do silencio administrativo Desestimatorio
Recursos posibles -Recurso potestativo de reposición
-Recurso contencioso-administrativo
-Cualquier otro que se estime procedente
Outra información El pago da subvención concedida realizarase previa xustificación pola persoa beneficiaria da realización da/s actividades ou proxecto/s para o que se concedeu a subvención nos termos establecidos na normativa reguladora da subvención.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitud General: Solicitude xeral Obrigatorio Ambas
DECLARACIÓN RESPONSABLE: Declaración responsable de non estar incursos en ningún dos supostos de prohibición a que se refire o artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións. Obrigatorio Ambas
CERTIFICACIÓN DATOS BANCARIOS: Certificación dos datos bancarios da persona solicitante, con correspondencia exacta cos datos achegados polo interesado no que respecta ao nome ou denominación social, CIF ou NIF e o número de conta bancaria (en formato IBAN). Obrigatorio Ambas
CARGOS REPRESENTATIVOS Y DOMICILIO SOCIAL: No seu caso, certificación acreditativa dos cargos representativos, finalidade e do domicilio social da entidade. Opcional Ambas
LICENCIA TAXISTA: Copia cotexada da licencia de taxista Obrigatorio Ambas
ACREDITACIÓN GASTOS SUBVENCIONABLES: Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, así como os documentos acreditativos do pago, dos gastos subvencionables correspondentes ao vehículo adaptado nos termos e cos requisitos establecidos nesta convocatoria. Obrigatorio Ambas
OUTRAS SUBVENCIÓNS: Certificación das subvencións solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade ou proxecto, ou actuación, obxecto da solicitude de subvención, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional. Obrigatorio Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
Ley 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
LO 3/2018 Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Ver
Ley 38/2003 Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeneral de subvencións.

Ver enlace
Ley 9/2007 Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
RD 887/2006 Real decreto 887/2006 de 21 de xuño, que aproba o reglamento da ley 38/2003.

Ver enlace
L 19/2013 Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno

Ver
Instruccion transparencia Concello Coruña Instrucción de Transparencia del Ayuntamiento de A Coruña, de fecha 9 de marzo de 2016.
Ordenanza Xeral de Subvencións da Área Benestar Ordenanza Xeral de Subvencións da Área de Benestar dol Excmo. Concello da Coruña (BOP nº 40 do 19/02/2005)

Ver enlace
Convocatoria ayudas mantenimiento taxis adaptados Convocatoria específica de axudas para o mantemento de taxis adaptados para as persoas con discapacidade, exercicio 2019.
Ver ficheiro...

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática