Descrición
|
O obxecto desta convocatoria é a cooperación en actividades ou proxectos de promoción e reinserción social, a prestación de servizos sociais e, en xeral, as que persigan un interese social no ámbito dos servizos sociais, no termo municipal da Coruña, a realizar durante o ano 2020
|
Forma de inicio
|
A petición da persoa interesada
|
Suxeito
|
Persoas físicas, xurídicas validamente constituídas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, estean validamente constituídas e poidan levar a cabo as actividades ou proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídica, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, os requisitos da persoa beneficiaria deberán ser cumpridos por todos e cada uno dos socios/as, independentemente da súa porcentaxe na sociedade.
|
Prazo de presentación
|
Reformulación de solicitudes, de 25 a 27 de novembro, en contestación á petición do Concello, utilizando este trámite
|
Lugar e forma de presentación
|
- A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña.
|
Tributos
|
Ningún
|
Órgano Xestor
|
Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación.
|
Órgano que resolve
|
A concelleira da área de Igualdade, Benestar Social e Participación.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
Seis meses, contado a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes
|
Observacións
|
Cando a subvención teña por obxecto o financiamento de actividades ou proxectos a desenvolver pola entidade solicitante e o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior á que figura na solicitude presentada, de conformidade do disposto no artigo 27 da LXS, poderase instar da persoa beneficiaria a reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención outorgable, nun prazo non superior a cinco días hábiles dende a finalización do prazo de presentación de alegacións
|
Efectos do silencio administrativo
|
Desestimatorio
|
Recursos posibles
|
-Recurso potestativo de reposición -Recurso contencioso-administrativo -Cualquier otro que se estime procedente
|
Outra información
|
O pago da subvención concedida realizarase previa xustificación pola persoa beneficiaria da realización da/s actividades ou proxecto/s para o que se concedeu a subvención nos termos establecidos na normativa reguladora da subvención. Poderá acordarse o pago anticipado da subvención outorgada, que supoñerá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, segundo as bases da convocatoria
|
Xustificación
|
O prazo de presentación das xustificacións será do 1 ao 31 de xaneiro de 2021.
|