Descrición
|
Cambio de domicilio e/ou variación de datos persoais en padróns fiscais (IBI, IVTM, Lixo, Cemiterios...).
|
Forma de inicio
|
Declaración da persoa obrigada tributaria.
|
Suxeito
|
Persoas obligadas tributarias.
|
Prazo de presentación
|
Dentro do mes natural seguinte a aquel en que se produza, toda modificación sobrevida que poida orixinar alteración no Padrón.
|
Lugar e forma de presentación
|
- A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Rexistro Área Económica. Rúa da Franja. nº 20. C.P. 15001 A Coruña.
- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Órgano que resolve
|
Xunta de Goberno Local.
|
Prazo de resolución
|
Seis meses.
|
Outra información
|
De conformidade co disposto no art. 86.5 da Ordenanza Xeral de Xestión o Concello non notificará as variacións derivadas de declaracións formuladas polo obrigado tributario sempre que a alteración se corresponda exactamente co contido da modificación.
|