Descrición
|
A persoa interesada poderá solicitar a rectificación de datos que consten en poder do Concello cando sexan inexactos ou estean incompletos.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada.
|
Suxeito
|
Calquera persoa física con respecto aos seus propios datos, ou o seu representante.
|
Prazo de presentación
|
Sen prazo.
|
Lugar e forma de presentación
|
- A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Ningún.
|
Órgano Xestor
|
Secretaría.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
O Concello responderá no prazo dun mes dende a presentación da solicitude, incluso no caso de que non dispuxese dos datos da persoa solicitante.
|
Recursos posibles
|
A persoa á que se lle denegue, total ou parcialmente, o exercicio dos dereitos de oposición, acceso, rectificación ou cancelación, poderá poñelo en coñecemento da Axencia Española de Protección de Datos ou, se é o caso, do organismo competente de cada comunidade autónoma, que se deberá asegurar da procedencia ou improcedencia da denegación.
|
Observacións
|
Concretar dato erróneo e polo que se ten que substituír.
|
Axencia Española de Protección de Datos
|
Enlace a AGPD
|