Sede electrónica

09:57:34 coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Solicitude de autorización de uso puntual dos espazos TEUs: Faro de Oza e Ribeira Sacra 15 e 17



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición Por medio deste procedemento poderá solicitarse o uso dos espazos, nas datas de interese, da rede de infraestructuras sociais TEUs. Estes son espazos postos a disposición da cidadanía para a celebración de eventos de carácter privado ou familiar, e para que as asociacións, entidades sen ánimo de lucro ou colectivos informais teñan un espazo máis no que levar a cabo as súas actividades de carácter puntual.

Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.

Suxeito -Persoas maiores de 18 anos, empadroadas na Coruña, para uso propio ou en representación de entidades ou asociacións con sede na Coruña.

Prazo de presentación Con motivo da publicación do Decreto da Alcaldía do Concello da Coruña ditado o 12 de marzo de 2020 que acorda, entre outras medidas, o peche das instalacións de titularidade municipal, Comunícase que a rede de locais TEUS permanecerá pechada polo que se suspende o proceso da súa cesión puntual.

Ata a súa apertura, que será comunicada por esta mesma vía, non se tramitarán novas solicitudes de cesión de uso. A estes efectos, ditarase instruccións para a presentación de solicitudes unha vez certa a data da súa apertura para o desfrute da cidadanía.

As solicitudes que foran presentadas durante o período de confinamento enténdense desestimadas.



Observacións O Faro de Oza dispón de dúas salas, unha de 40 m/2 e outra de 30 m/2, equipadas con cadeiras e mesas plegables. O aforo máximo do recinto é de 50 persoas.

O TEU Ribeira Sacra 15 ten unha superficie de 80 m/2, dividida en dúas plantas. Está equipado con mobiliario básico, mamparas separadoras de espazos e conta con cociña e forno. O aforo máximo do espazo é de 50 persoas.

O TEU Ribeira Sacra 17 é un espazo diáfano de 106 m/2 que está equipado con mobiliario básico, mamparas separadoras, toma de auga e fregadeiro e unha plataforma de madeira elevada para pequenas actuacións. O aforo máximo deste local é de 70 persoas.

As autorizacións de uso serán como MÍNIMO DUN DÍA completo (de 09:00 a 22:00 horas) e DOUS DÍAS MÁXIMO (de 09:00 a 22:00 horas) cando o tipo de actividades o precise.

Outra información - A persoa solicitante, e responsable do uso, deberá estar presente durante todo o tempo que dure a utilización do espazo.

- Non está permitida ningunha actividade con ánimo de lucro nin a venda de produtos ou o cobro de entrada ás persoas asistentes a calquera actividade, e tampouco o consumo de bebidas alcohólicas e drogas en ningún caso.

- Non poderá solicitarse o uso de ningún espazo TEU os días 24, 25 e 31 de decembro, nin os días 1 e 6 de xaneiro.

- En todos os casos, as autorizacións de uso efectuaránse por estrita orde de entrada das solicitudes no rexistro.

- Antes de facer a solicitude do TEU elixido, consulta os calendarios de dispoñibilidade.
Ver calendarios
Lugar e forma de presentación - A través do Rexistro Telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.


- De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:


  • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.


  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.


  • Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.




- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.



- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.

Tributos Ningún.

Órgano Xestor Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación.

Órgano que resolve A Concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, por delegación da Xunta de Goberno Local.

Prazo máximo de resolución e notificación Non poderá exceder de 6 meses.

Efectos do silencio administrativo Desestimatorio.

Recursos posibles - Recurso potestativo de reposición.
- Recurso contencioso-administrativo.


Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude: Solicitude específica de autorización. Obrigatorio Ambas
Autorizacións: Autorización ou xustificación da representación, no seu caso. Opcional Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
Ley 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
L 11/07 Lei 11/2007,de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
LO 3/2018 Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Ver
RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
Ley 33/2003 Lei 33/2003, de 3 de novembro, de patrimonio das administracións públicas.

Ver

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática