Descrición
|
Tramitación de solicitudes para a realización de rodaxes audiovisuais na cidade, sin reserva temporal de uso de espazo público.
|
Descrición do procedemento
|
Comunicación de rodaxe: simplificado. Só para a realización de rodaxes con equipo material e técnico reducidos (menos de 10 persoas), e que non requiran instalación de elementos fixos, reservas de ocupación de vía pública, uso de instalacións municipais, cortes de tráfico...
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada.
|
Suxeito
|
Persoas físicas ou xurídicas que desexen realizar rodaxes audiovisuais en espazos públicos no termo municipal
|
Prazo de presentación
|
Polo menos, dez días naturais antes do comezo da rodaxe
|
Lugar e forma de presentación
|
De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural. Ágora Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada. - A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Ningún.
|
Órgano Xestor
|
Servizo de Cultura.
|
Órgano que resolve
|
Concelleiro Delegado de Cultura.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
Dez días desde a presentación da comunicación.
|
Efectos do silencio administrativo
|
Positivo.
|
Recursos posibles
|
-Recurso potestativo de reposición. -Recurso contencioso-administrativo.
|
Outra información
|
Existe un convenio de colaboración coa Academia Galega de Audiovisual para a xestión dun servicio de apoio para a tramitación de permisos de rodaxe (Galicia Film Office).
|