Sede electrónica

coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Rodaxes cinematográficas: solicitude de permiso



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición Tramitación de solicitudes para a realización de rodaxes audiovisuais na cidade, incluíndo reserva temporal de uso de espazo público, cortes de tráfico, actividade en parques, xardíns, cemiterios e outras instalacións públicas, instalación de carpas, escenarios e/o grupos electróxenos e manipulación de mobiliario urbano.

Descrición do procedemento Existen dúas opcións:

Comunicación de rodaxe: simplificado. Só para a realización de rodaxes con equipo material e técnico reducidos (menos de 10 persoas), e que non requiran instalación de elementos fixos, reservas de ocupación de vía pública, uso de instalacións municipais, cortes de tráfico... Tramitar "Rodaxes cinematográficas sinxelas: comunicación"

Solicitude de permiso xeral de rodaxe: Todo o resto. Tramitar iste procedemento
Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.
Suxeito Persoas físicas ou xurídicas que desexen realizar rodaxes audiovisuais en espazos públicos no termo municipal
Prazo de presentación Polo menos, quince días naturais antes do comezo da rodaxe sen cortes de tráfico, uso de espazos de titularidade municilpal ou uso de instalacións auxiliares (carpas, estadas, escenarios, valos...), Trinta días se procede algunha destas incidencias.

Lugar e forma de presentación De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada. Direccións:


  • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.


  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.


  • Centro Sociocultural. Ágora Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.





- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada.


- A través do rexistro telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.


- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.

Tributos Ordenanza fiscal número 31. Taxa por ocupación temporal de vía pública para rodaxes cinematográficos de carácter publicitario.

Órgano Xestor Servizo de Cultura.

Órgano que resolve Concelleiro Delegado de Cultura.

Prazo máximo de resolución e notificación Dez días para rodaxes sen cortes de tráfico, nin uso de espazos de titularidade municilpal nin uso de instalacións auxiliares (carpas, estadas, escenarios, valos...), Vinte días se procede algunha destas incidencias.

Efectos do silencio administrativo Desestimatorio.
Recursos posibles -Recurso potestativo de reposición.

-Recurso contencioso-administrativo.

Outra información Existe un convenio de colaboración coa Academia Galega de Audiovisual para a xestión dun servicio de apoio á tramitación destes permisos de rodaxe (Galicia Film Office).

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude permiso xeral de rodaxe: Soliciltude específica Obrigatorio Ambas
Anexo 1 Datos da gravación: Información sobre a grabación: localización, equipo, descrición... Obrigatorio Ambas
Anexo 2 Ocupación da vía pública: Información sobre ocupación da vía pública, reservas de espazo e acceso con vehículos... Opcional Ambas
Anexo 3 Gravacións e requerimentos especiais: Gravacións e requerimentos especiais: espazos loxísticos, mobiliario urbano, bocas de rego, alumeado... Opcional Ambas
Autorizaciones: Autorización para a representación, no seu caso. Opcional Ambas
Seguros: Copia da póliza de seguro de responsabilidade civil. Opcional Ambas
Taxas: Acreditación da liquidación de taxas (si procede). Opcional Ambas
Memoria instalación : (Carpas e escenarios) Memoria con descripción detallada e especificacións técnicas dos elementos que se prevea utilizar. Opcional Ambas
Proyectos: (Carpas e escenarios) Proxecto de instalación subscrito por técnico competente. Opcional Ambas
Certificado: Antes do inicio da rodaxe. (Carpas e escenarios) Certificado técnico de estabilidade, montaxe e medidas de seguridade. Opcional Ambas
Memoria: Ó remate da rodaxe. Formulario económico. Opcional Ambas
Fotografias: Ó remate da rodaxe. Entrega dun mínimo de 2 fotografías da rodaxe en alta resolución. Opcional Ambas
Copia: Ó remate da rodaxe. Entrega dunha copia do proxecto rodado na cidade coa autorización para a utilización de imaxes para promoción da cidade. Opcional Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
Ley 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
LO 15/99 Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
Ordenanza fiscal nº 31 Ordenanza Fiscal nº 31 Reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, así como industrias rueiras e ambulantes e rodaxe cinematográfica.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática