Sede electrónica

coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Concesión subvencións para a mellora da imaxe estética dos inmobles do Plan Especial de Cidade Vella e Pescadería(PEPRI)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición Subvencións para a mellora da imaxe estética dos inmobles do Plan Especial de Cidade Vella e Pescadería (PEPRI), consistentes en axudas para obras de substitución da cartelería exterior e de pintura de fachadas exteriores de inmobles (incluíndo as reparacións en fachadas necesarias para levar a cabo as mesmas).

Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.

Suxeito Propietario, comunidade de propietarios ou representante.

Prazo de presentación O fixado na convocatoria pública.

Lugar e forma de presentación De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada. Direccións:


  • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.


  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.


  • Centro Sociocultural. Ágora Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.


  • Oficina Municipal de Rehabilitación. Rúa Caballeros, 21- Estación de autobuses 15009 A Coruña.





- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada.


- A través do rexistro telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.


- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.

Tributos Ningún.
Órgano Xestor Servizo de Vivenda e Rehabilitación.

Órgano que resolve Tenente de alcalde responsable da área de rexeneración urbana e dereito á vivenda por delegación da Xunta de Goberno Local.

Prazo máximo de resolución e notificación Sen prazo.

Observacións As condicións previstas na Ordenanza Municipal de concesión de subvencións para a mellora da imaxe urbana no ámbito do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Pescadería (BOP de 22/04/2014) para os inmobles son as seguintes:

1. Non estar incursos en ningún expediente de infracción urbanística

2. Contar coas licenzas necesarias.

3. Na subvención de obras en fachadas, os inmobles que fosen requiridos para iso, deberán ter acta favorable da Inspección Técnica de Edificios e estar incluídos na Sección Primeira do Libro Rexistro, salvo que as obras para as que se solicita a subvención sexan as únicas necesarias para a obtención da devandita acta con resultado favorable.

Aqueles inmobles aos que aínda non se lles requiriu a presentación do acta de inspección técnica dos edificios, deberán cumprir os requisitos establecidos na lexislación xeral aplicable ás subvencións.

Efectos do silencio administrativo Desestimatorio.

Recursos posibles -Recurso potestativo de reposición.

-Recurso contencioso-administrativo.

Outra información A contía das subvencións será a prevista na ordenanza municipal vixente.

De acordo co previsto na ordenanza municipal vixente e en función dos ingresos dos solicitantes, poderase tramitar unha subvención adicional.


Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude específica: Solicitude específica debidamente cumprimentada. No caso de que se solicite telemáticamente a través desta sede electrónica, mediante o formulario web ao que se acceda. Nela concretarase se se solicita o pintado de fachadas ou o cambio de cartelería.

Obrigatorio Ambas
Pintado de fachadas: Fotocopia do NIF do representante da comunidade de propietarios e CIF da comunidade ou, no seu caso, dos NIF dos propietarios que van facer o pago da obra.

Opcional Ambas
Pintado de fachadas: Acreditación da representación por calquera medio admisible en dereito.

Opcional Ambas
Pintado de fachadas: Acreditación da propiedade do inmoble mediante nota simple do rexistro da propiedade.

Opcional Ambas
Pintado de fachadas: Acordo da Comunidade de propietarios polo que se autorice a realización das obras e a solicitude da subvención. No caso de que non estea constituída a Comunidade de propietarios deberá presentar autorización da totalidade dos propietarios.

Opcional Ambas
Pintado de fachadas: Declaración responsable dos beneficiarios da subvención de non estar incursos en ningunha das causas de prohibición sinaladas na Lei e Regulamento de Subvencións.

Opcional Ambas
Pintado de fachadas: Certificación acreditativa de cada un dos beneficarios da Seguridade Social, Axencia Tributaria e Tesourería do Concello nos que se faga constar que non existen débedas co devanditos organismo, ou permiso para que desde a Oficina Municipal se poidan solicitar estes datos.

Opcional Ambas
Pintado de fachadas: Autorización dos propietarios para a utilización e publicación dos datos persoais necesarios para a tramitación do expediente.

Opcional Ambas
Pintado de fachadas: No seu caso, Informe de avaliación de Edificios nos termos establecidos por lei.

Opcional Ambas
Pintado de fachadas: Fotografías actuais da fachada para reparar.

Opcional Ambas
Pintado de fachadas: Copia da solicitude de licenza das obras para as que se solicita subvención ou, no seu caso, comunicación previa.

Opcional Ambas
Pintado de fachadas: Orzamento total das obras para realizar desagregado por partidas, medicións e prezos unitarios, incluídos honorarios técnicos e taxas e impostos. No caso de que o orzamento da obra supere os 50.000 euros, deberá presentar tres presupostos e no suposto de non escoller o máis económico deberán xustificalo.

Opcional Ambas
Pintado de fachadas: Certificado bancario no que conste o número de conta co número de IBAN a nome da comunidade de propietarios ou propietarios.

Opcional Ambas
Subvención adicional pintado de fachadas: Ademais, aqueles que soliciten a subvención complementaria deberán presentar: acreditación da composición da unidade familiar do propietario/s que a solicite/n, copia da declaración de IRPF dos integrantes da unidade familiar e certificado bancario no que conste o número de conta co número de IBAN a nome do solicitante.

Opcional Ambas
Cambio de cartelería: Fotocopia do NIF do solicitante.

Opcional Ambas
Cambio de cartelería: Acreditación da titularidade do negocio. No caso de que o solicitante sexa distinto do propietario, xustificación da súa relación co local.

Opcional Ambas
Cambio de cartelería: Autorización da comunidade de propietarios.

Opcional Ambas
Cambio de cartelería: Autorización dos propietarios para a utilización e publicación dos datos persoais, necesarios para a tramitación do expediente.

Opcional Ambas
Cambio de cartelería: Declaración responsable de cada un dos beneficiarios da subvención de non estar incursos en ningunha das causas de prohibición sinaladas na Lei e Regulamento de Subvencións.

Opcional Ambas
Cambio de cartelería: Certificación acreditativa da Seguridade Social, Axencia Tributaria e Tesourería do Concello nos que se faga constar que non existen débedas cos devanditos organismo, ou permiso para que desde esta oficina póidanse solicitar estes datos.

Opcional Ambas
Cambio de cartelería: Deseño de cartel a colocar, con indicación do lugar da súa colocación.

Opcional Ambas
Cambio de cartelería: Orzamento total das obras de substitución de cartelería desagregado por partidas, con prezos unitarios, incluídos taxas e impostos.

Opcional Ambas
Cambio de cartelería: Copia da solicitude da licenza das obras para as que se solicita subvención ou, no seu caso, comunicación previa.

Opcional Ambas
Cambio de cartelería: Certificado bancario no que conste o número de conta co número de IBAN a nome do solicitante.

Opcional Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
Ley 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
LO 15/99 Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
LO 4/01 Lei orgánica 4/2001, de 12 de novembro, reguladora do dereito de petición.

Ver
RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
Ley 38/2003 Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeneral de subvencións.

Ver enlace
Ley 9/2007 Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
ordenanza de concesión de subvencións Ordenanza municipal de concesión de subvencións para a mellora da imaxe urbana no ámbito do plan especial de protección e reforma interior da cidade vella e pescadería.

Ver enlace

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática