Sede electrónica

18:38:07 coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Solicitud de beca comedor



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición O obxecto desta convocatoria é a regulación da concesión das bolsas de comedor destinadas, con carácter xeral, ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado nos centros educativos do mesmo termo municipal que cumpran os requisitos establecidos nas bases.

Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.

Suxeito O/a alumno/a empadroado/a no termo municipal da Coruña e matriculado nos centros educativos do mesmo termo municipal que cumpran os requisitos establecidos nas bases.

Prazo de presentación 1 a 30 de xuño de 2020
Lugar e forma de presentación - A través do rexistro telemático identificándose co DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.

- De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello:

Direccions:

* Concello de A Coruña. Praza de María Pita, nº 1. C.P. 15001, A Coruña.

* Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1 C.P. 15006, A Coruña.

* Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n C.P. 15010, A Coruña.

* Centro Cívico Municipal de Mesoiro. Rúa Ancares, nº15. C.P. 15190, A Coruña.

- Por correo certificado dirixido ó Rexistro Xeral do concello .

- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimiento administrativo común das Administracións Públicas.

Tributos Ningún.

Órgano Xestor Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación.

Órgano que resolve A concelleira da área de Igualdade, Benestar Social e Participación.

Prazo máximo de resolución e notificación Logo de rematar o prazo de presentación de solicitudes, a listaxe de admitidas/os e excluídas/os publicarase nas oficinas dos rexistros municipais, nos taboleiros dos centros cívicos municipais, e na sede electrónica do Concello da Coruña : Sede Coruña .
A información tamén poderá estar dispoñible na páxina web municipal Coruña.Servicios Sociales e no teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña.
No caso dos/as alumnos/as excluídos/as indicaranse as causas de exclusión e concederáselles un prazo de 10 días hábiles para emendar a documentación requirida.
Logo de realizar a avaliación, o órgano instrutor ditará proposta de resolución provisional. A proposta recollerá a listaxe provisional de persoas beneficiarias e a puntuación outorgada. Ao día seguinte da publicación comezará a computar o prazo de 10 días hábiles para a presentación de alegacións.
A resolución definitiva publicarase polos mesmos medios e lugares que as listas anteriores.


Observacións A concesión da bolsa de comedor con cargo a esta convocatoria implica a cesión do dereito de cobramento ás entidades que efectivamente prestan o servizo.

Efectos do silencio administrativo Desestimatorio.

Outra información Poderán admitirse de xeito excepcional solicitudes fóra do prazo establecido e ao longo de todo o curso escolar 2020/2021, cando con posterioridade ao remate do devandito prazo concorra algunha das circunstancias previstas na base 14.

Recursos posibles -Recurso potestativo de reposición.

-Recurso contencioso administrativo.

-Calqueira outro recurso que se estime procedente


Documentación para achegar
Tipo Presentación
SOLICITUDE: No caso de presentación telemática, é o formulario web de solicitude que se cubre na sede electrónica. No caso de solicitude presencial, este documento non será necesario, sometes presentarase a Solicitude Específica (xunto co resto da documentación xutificativa).

Obrigatorio Telemática
SOLICITUDE ESPECÍFICA: Impreso de Solicitude municipal da bolsa de comedor completamente cuberto a nome do alumno ou alumna que efectivamente desfrute da bolsa. En caso de que esta sexa menor de idade, deberá vir asinada polo seu representante legal. Especificaranse igualmente o centro escolar e os datos de contacto.

Os devanditos impresos serán facilitados nos Rexistros municipais sitos na Pza. de María Pita, 1; Fórum Metropolitano (C/Río Monelos, 1), Centro Ágora ( Lugar dá Gramela, 17, e Centro Cívico Municipal de Mesoiro (C/Ancares, 15), nas Unidades de Atención Social (Ágora, Catro Camiños e Monte Alto), e nos centros cívicos municipais. Así mesmo, tamén se poderá acceder a eles a través da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es), e da páxina web (www.coruna.es/serviciossociales).

Obrigatorio Ambas
ANEXOS: ANEXO I. Declaración responsable co compromiso de cumprir coas obrigas da convocatoria. ANEXO II. Declaración responsable de non ter pendente de reintegrar ningunha outra subvención de calquera administración. ANEXO III. Declaración responsable de atoparse ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social. ANEXO IV. Relativo á consulta de datos, asinado por ambas proxenitoras, titoras ou gardadoras. ANEXO V Cesión do dereito de cobro da subvención á entidade que preste o servizo de comedor.
No caso de que se tramite telematicamente a solicitude, deberá entregar igualmente os anexos cumprimentados.

Obrigatorio Ambas
CERTIFICADO ESCOLAR OU COPIA DA SOLICITUDE DE MATRÍCULA: Xustificante de escolarización no centro.

Obrigatorio Ambas
LBRO DE FAMILIA: Copia completa do Libro de Familia ou documentación equivalente.

Obrigatorio Ambas
SENTENCIA/CONVENIO REGULADOR: Sentenza e/ou convenio regulador. Pensión de alimentos actualizada. De ser o caso, trámites de execución de sentenza.

Opcional Ambas
VIOLENCIA DE XENERO: Documentación acreditativa (certificado orde de protección, sentenza de calquera orde xurisdicional, informe servizos sociais...) recollida no artigo 5 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero, sempre que se poida comprobar que a situación de violencia se produciu dentro dos últimos 3 anos.

Opcional Ambas
INTOLERANCIAS: Informe médico que indique intolerancia alimentaria.

Opcional Ambas
ALUGUER/HIPOTECA: Xustificante do último recibo de alugueiro/hipoteca no que conste a dirección do domicilio.

Opcional Ambas
DIFICULDADE FISICA OU PSÍQUICA: Certificado emitido polo/a Traballador/a Social do Centro de Saúde.

Opcional Ambas
INCOMPATIBILIDADE HORARIA: Certificado de empresa da incompatibilidade horaria.

Opcional Ambas
PADRÓN: Xustificante de empadroamento e convivencia, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos.

Obrigatorio Ambas
INFORME DE VIDA LABORAL: Informe de vida laboral dos últimos 12 meses das persoas proxenitoras, titoras ou que ostenten a garda legal, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos.

Obrigatorio Ambas
REXISTRO DE PRESTACIÓN SOCIAIS PÚBLICAS: Certificado de prestación/ pensión mensual da persoa solicitante e das persoas proxenitoras, titoras ou que ostenten a garda legal, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos.

Obrigatorio Ambas
SEPE - INAEM: Certificado de prestación da persoa solicitante e das persoas proxenitoras, titoras ou que ostenten a garda legal, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos.

Obrigatorio Ambas
DIVERSIDADE FUNCIONAL: Certificado de discapacidade, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos.

Opcional Ambas
AXENCIA ESTATAL DE ADMINISTRACIÓN TRIBUTARIA: Datos de renda correspondentes ao último exercicio dispoñible e certificado de atoparse ao corrente coas obrigas coa AET, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos.

Obrigatorio Ambas
DEUDA CONCELLO: Certificado de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos.

Obrigatorio Ambas
TESORERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL: Certificado de atoparse ao corrente nas obrigas coa Seguridade Social, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos.

Obrigatorio Ambas
RISGA: Certificado emitido polo órgano autonómico competente no que se especifique a situación de ser preceptor da Renda de Inclusión Social de Galicia, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos.

Opcional Ambas
RENDA SOCIAL MUNICIPAL: Certificado emitido polo departamento municipal correspondente no que se especifique a situación de ser preceptor da Renda Social Municipal, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos.

Opcional Ambas
FAMILIA NUMEROSA: Título de Familia Numerosa expedido polo órgano autonómico competente, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos.

Opcional Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
L 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
L 13/2008 Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
L 3/2011 Lei 3/2011 do 30 de xuño de apoio á familila e convivencia de Galicia.
L 26/2015 Lei 26/2015 do 28 de xullo de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia de Galicia.
LO 3/2018 Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Ver
RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
L 38/2003 Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeneral de subvencións.

Ver enlace
L 9/2007 Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ver
RD 887/2006 Real decreto 887/2006 de 21 de xuño, que aproba o Regulamento da lei 38/2003.

Ver enlace
Bases reguladoras consolidadas para a concesión de becas comedor. Curso escolar 2020/2021 Concesión becas comedor del Curso Escolar 2020-2021. Versión consolidada
Ver ficheiro...

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática