Descrición
|
Tal e como establece o preámbulo da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, “a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixes fundamentais de toda acción política”.
Por iso, complementando a información pública que estará de forma permanente accesible, ponse a disposición das persoas interesadas a solicitude de acceso á información relativa ao presente órgano.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada
|
Suxeito
|
Calquera persoa física ou xurídica.
|
Prazo de presentación
|
Sen prazo .
|
Lugar de presentación
|
- A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Ningún.
|
Órgano Xestor
|
Área que ten asignadas as funcións ás que se refire a información solicitada. Se son varias, a que teña a parte principal.
|
Órgano que resolve
|
Titular da tenencia de alcaldía ou concellería da que dependa a área que ten asignadas as funcións ás que se refire a información solicitada.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
1 mes, poderase ampliar por outro mes no caso de que o volume ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e logo da notificación previa á persoa solicitante.
|
Efectos do silencio administrativo
|
Desestimatorio.
|
Recursos posibles
|
Fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderase interpoñer no prazo dun mes unha reclamación ante a Comisión de transparencia, órgano independente adscrito ao Valedor do Pobo, creada pola Lei do Parlamento de Galicia 1/2016 do 18 de xaneiro e cuxo regulamento foi aprobado por RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2016 pola que se dispón a publicación do Regulamento interno da Comisión da Transparencia de Galicia. A Comisión ten a súa sede na rúa Hórreo 65, 15701, Santiago de Compostela, páxina web www.comisiondatransparencia.gal e enderezo de correo electrónico transparencia@valedordopobo.gal previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa.
As resolucións ditadas en materia de acceso á información pública son recorribles directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo da posibilidade de interposición da reclamación potestativa prevista.
|
Causas da non admisión
|
-Que se refiran a información que estea en curso de elaboración ou de publicación xeral.
- Referidas a información que teña carácter auxiliar ou de apoio como a contida en notas, borradores, opinións, resumos, comunicacións e informes internos ou entre órganos ou entidades administrativas.
- Relativas a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración.
- Dirixidas a un órgano en cuxo poder non obre a información cando se descoñeza o competente, se é o caso deberá indicar na resolución o órgano que, ao seu xuízo, é competente para coñecer da solicitude.
- Que sexan manifestamente repetitivas ou teñan un carácter abusivo non xustificado coa finalidade de transparencia desta lei.
|