Sede electrónica

coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Presentación suxestións e reclamacións.



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición O procedemento ten por finalidade posibilitar o exercicio do dereito dos veciños
a formular suxestións e reclamacións. O seu obxectivo é recibir suxestións e reclamacións sobre o funcionamento dos servizos municipais, distribuílas internamente á unidade con competencias sobre o dito servizo, e, se é o caso, recoller as decisións adoptadas, e comunicalas á persoa interesada.

Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.

Suxeito Calquera persoa física ou xurídica.

Considéranse persoas interesadas no procedemento para formular suxestións e reclamacións, así como para obter resposta delas, as seguintes persoas físicas ou xurídicas.


A.Persoas físicas:

1.Os habitantes do termo municipal que estean empadroados no municipio.

2.Os que, non estando empadroados, teñan establecidas unha ou varias relacións tributarias periódicas co Concello.


B.Persoas xurídicas:

1.As entidades que teñan establecemento permanente no municipio.

En caso de non cumprírense estas condicións, poderase formular a suxestión ou reclamación, pero non será obrigatoria a contestación á persoa interesada.

Prazo de presentación Sen prazo.

Lugar e forma de presentación De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello. Direccións:


  • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.


  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.


  • Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.


  • Rexistro Área Económica. Rúa da Franja, nº 20. C.P. 15001 A Coruña.


  • Unidad de Transportes. Caballeros nº 21 (Estación Autobuses). C.P. 15009 A Coruña




- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.


- A través do Rexistro Telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.


- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.

Tributos Ningún.

Órgano Xestor En cada área municipal existe un xestor de suxestións e reclamacións, posto que a función de recollida e inicio dos expedientes asociados correspóndelle ao Servizo de Atención e Información Telefónica 010.

Órgano que resolve Unidad competente.

Prazo máximo de resolución e notificación Para decidir sobre as suxestións ou reclamacións establécese o prazo de tres meses dende a súa entrada na administración municipal.

Observacións As suxestións ou reclamacións que se fagan a través de calquera medio sen facilitar os datos solicitados non xeran o dereito da persoa interesada a obter resposta, non obstante, darase a elas o curso que puidese corresponder.


Documentación para achegar
Tipo Presentación
Formulario de suxestións e reclamacións: Solicitude debidamente cuberta. No caso de que se solicite telemáticamente a través desta sede electrónica, mediante o formulario web ao que se acceda.

Obrigatorio Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
L 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
L 11/07 Lei 11/2007,de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
LO 15/99 Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
LO 4/01 Lei orgánica 4/2001, de 12 de novembro, reguladora do dereito de petición.

Ver
ROCESYR Regulamento orgánico da comisión especial de suxestións e reclamacións. Concello da Coruña.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática