Descrición
|
Os particulares terán dereito a ser indemnizados polas Administracións Públicas correspondentes por toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, salvo nos casos de forza maior, sempre que a lesión sexa consecuencia do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos. En todo caso, o dano alegado haberá de ser efectivo, avaliable economicamente e individualizado con relación a unha persoa ou grupo de persoas.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada ou de oficio pola administración.
|
Suxeito
|
Interesado (persoa física ou xurídica prexudicada pola actuación/omisión da administración), en por si ou a través de representante.
|
Prazo de presentación
|
En todo caso, o dereito para reclamar prescribe ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización ou de manifestarse o seu efecto lesivo. En caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo empezará a computarse desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas.
|
Lugar de presentación
|
- A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Ningún.
|
Órgano Xestor
|
Servizo de interior.
|
Órgano que resolve
|
Concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación do Alcalde.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
Seis meses desde que se iniciara o procedemento.
|
Efectos do silencio administrativo
|
Desestimatorio.
|
Recursos posibles
|
- Recurso potestativo de reposición.
- Recurso contencioso-administrativo.
|
Outra información
|
Na reclamación deberanse especificar as lesións producidas, a presunta relación de causalidade entre estas e o funcionamento do servizo público, a avaliación económica da responsabilidade patrimonial, se fose posible, e o momento en que a lesión efectivamente produciuse, e irá acompañada de cantas alegacións, documentos e informacións estímense oportunos e da proposición de proba, concretando os medios de que pretenda valerse o reclamante.
|