Descrición
|
O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel. As certificacións que dos ditos datos se expidan terán carácter de documento público e fidedigno para todos os efectos administrativos.
Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberase inscribir unicamente no que habite durante máis tempo ao ano.
Documento que acredita os datos que constan no Padrón Municipal de Habitantes como domicilio, data de nacemento e identificación das persoas que figuran nese domicilio.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada.
|
Suxeito
|
Persoa física, interesado principal ou representante.
Soamente se remitirá o certificado de empadroamento da persoa solicitante.
|
Prazo de presentación
|
Sen prazo.
|
Lugar e forma de presentación
|
De forma presencial, nas oficinas do Padrón (María Pita, Fórum, Ágora) presentando o DNI ou documento de identificación entregarase no momento sen necesidade de solicitalo por escrito.:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Por correo certificado dirixido ó Rexistro Xeral do concello.
- A través do Rexistro Telemático NON se require identificación con DNI electrónico, certificado dixital avanzado e recoñecido nin calquera outro recoñecido pola sede electrónica do Concello da Coruña.
- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Ningún.
|
Órgano Xestor
|
Unidade de Estatística e Padrón do Concello da Coruña.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
O certificado emítese no momento excepto para os seguintes supostos:
-Para xustificar o cobro dunha pensión que percibe un cidadán estranxeiro, residente en España, do seu país de procedencia.
CERTIFICADOS HISTÓRICOS DO PADRÓN ACTUAL OU DE PADRÓNS HISTÓRICOS.
-Para xustificar o cobro dunha pensión procedente doutro país, que percibe un cidadán español residente en España.
-Para trámites de adopción nacional e internacional.
-Para apostilar.
-Se se tramita electronicamente, o certificado será remitido ao domicilio que conste no padrón da persoa solicitante.
|
Observacións
|
Cómpre lembrar que para determinadas administracións a validez dos certificados de empadroamento caduca segundo o prazo establecido por cada organismo.
É importante recordar que para poder utilizar a opción telemática é necesario estar empadroado actualmente no Concello da Coruña.
|