Descrición
|
Obtención da autorización municipal para unha reserva de espazo temporal da vía pública para a realización de actividades como mudanzas, carga e descarga de materiais, descargas de combustible, carga e descarga de material relacionado con obras, vehículos de formigonado, etc.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada.
|
Suxeito
|
Persoa física ou xurídica.
|
Prazo de presentación
|
Deberáse presentar cun mínimo de tres días hábiles de antelación.
|
Lugar de presentación
|
De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Por correo dirixido ao rexistro xeral do concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada. - A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Autorización suxeita a taxa: ordenanza fiscal nº 25 reguladora da taxa por entrada de vehículos desde a vía pública aos edificios. Locais e solares e das reservas de vía pública para aparcadoiro, carga e descarga e outras actividades de interese particular e ordenanza fiscal nº 1 reguladora da taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos.
A carta de pago das taxas correspondentes poderase obter no edificio servizos económicos c/ Franxa 20-22 C.P. 15001 A Coruña. Se non reside no termo municipal e, en tanto non estea dispoñible a posibilidade de abonar telemáticamente a Ordenanza Fiscal número 25, deberá poñerse en contacto co 010.
|
Órgano Xestor
|
Sección de licenzas de dominio público.
|
Órgano que resolve
|
Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade.
|
Observacións
|
A solicitude deberá realizarse cun mínimo de 3 días hábiles de antelación. O documento de solicitude, con rexistro de entrada, xunto coa copia do pago das taxas, serve como xustificante da ocupación e remitirase á Policía Local para a súa sinalización, excepto nos casos nos que se requira informe previo da oficina técnica de seguridade cidadá ou da Policía Local. É necesario informe previo da Oficina Técnica de Seguridade Cidadá ou da Policía Local nos seguintes casos: - Cando a reserva de espazo sexa nunha parada de autobús, taxi ou zona de carga e descarga. - Cando supoña corte de rúa. - Cando supoña corte dun carril de circulación. - Cando afecte o carril do bus. - Cando se realice nunha rúa peonil.
O pago das taxas é un depósito previo segundo o disposto nas ordenanzas fiscais, polo que o xustificante do pago deberá achegarse á solicitude.
|
Efectos do silencio administrativo
|
Desestimatorio.
|
Recursos posibles
|
- Recurso potestativo de reposición. - Recurso contencioso-administrativo.
|