Descrición
|
Iníciase o procedemento por informe emitido pola Policía Local, a Policía Nacional ou o Servizo de inspección ambiental por incumprimento da ordenanza de xestión de residuos e limpeza viaria.
|
Forma de inicio
|
De oficio.
|
Suxeito
|
Persoa física ou xurídica.
|
Lugar de presentación
|
As alegacións á incoación e á proposta de resolución poderán presentarse en calquera dos rexistros do Concello da Coruña e polos demais medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, e do procedemento administrativo común das administración públicas.
|
Órgano Xestor
|
Servizo de Medio Ambiente - Sección de xestión administrativa.
|
Órgano que resolve
|
Concelleira delegada de medio ambiente por delegación da Xunta de Goberno Local ou por delegación da Alcaldía nos supostos previstos na Lei 22/11, de residuos e chans contaminados, e na Lei 22/88, de costas.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
- Un mes cando se trata de faltas leves (procedemento simplificado). - Seis meses para faltas graves ou moi graves (procedemento ordinario).
|
Observacións
|
- A non presentación de alegacións á resolución de incoación implicará que esta sexa considerada proposta de resolución, cos efectos previstos no RD 1398/1993. - O pago voluntario da sanción efectuado con anterioridade á Resolución que poña fin ao procedemento, implicará a finalización deste, e gozará dunha bonificación do 30% do importe da sanción.
|
Efectos do silencio administrativo
|
Caducidade.
|
Recursos posibles
|
- Recurso potestativo de reposición. - Recurso contencioso-administrativo.
|
Outra información
|
- Sen prexuízo da sanción que corresponda, os infractores están obrigados á reposición ou restauración da realidade física alterada ao seu estado anterior á infracción cometida. A esixencia destas medidas, que inclúen as posibles indemnizacións por danos e prexuízos, poderá facerse efectiva no propio procedemento sancionador ou, no seu caso, noutro complementario. - En caso de incumprimento da obrigación de reposición ou restauración na forma e prazos sinalados no requirimento que se efectúe, poderase acordar a imposición de multas coercitivas ou a execución subsidiaria.
|