Sede electrónica

coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Expedientes de solares



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Descrición Os titulares dos terreos teñen a obriga de mantelos en condicións de funcionalidade, seguridade, ornato público e habitabilidade segundo o seu destino, de conformidade co previsto na lexislación vixente.

A través deste procedemento requírese aos titulares dos terreos e solares situados no termo municipal para que realicen as actuacións necesarias para mantelos nas condicións sinaladas no artigo 9 da Lei 9/2002, de 30 de decembro.

Forma de inicio De oficio.
Suxeito - A efectos deste procedemento, e sen prexuízo do que poida resultar do Rexistro da propiedade, a ordenanza municipal de xestión de residuos municipais e limpeza viaria do Concello da Coruña considera propietarios a quen apareza como titulares catastrais dos terreos.

- Calquera veciño pode denunciar a existencia de solares que non cumpran o disposto na normativa vixente.

Lugar de presentación - As alegacións e escritos que se dirixan ao Servizo de Medio Ambiente, en relación cun expediente de solares poderanse presentar por calquera medio dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro.

- As denuncias relativas a solares que incumpran a lexislación autonómica de prevención de solares poderanse presentar, así mesmo, a través do portal de suxestións e reclamacións existente no Concello da Coruña.

Órgano Xestor Medio Ambiente - Sección de xestión administrativa.
Órgano que resolve Concelleira Delegada de Medio Ambiente, por delegación do Alcalde.

Prazo máximo de resolución e notificación 3 meses.
Efectos do silencio administrativo Caducidade.
Recursos posibles - Recurso potestativo de reposición.

- Recurso contencioso-administrativo.

Outra información No caso de que o expediente comence por denuncia dun particular, o denunciante terá que indicar a localización exacta do solar e os motivos polo que presenta a súa denuncia.


Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
Ley 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
L 11/07 Lei 11/2007,de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
LO 15/99 Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
Lei 9/2002 Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.
Decreto 28/1999 Decreto 28/1999, de 21 de xaneiro, regulamento de disciplina urbanística de Galicia.
Ordenanza gestion de limpieza Ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria do concello da Coruña (BOP nº 214, de 17 de setembro).

Ver enlace
Plan xeral de ordenación Plan xeral de ordenación municipal da Coruña.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática