Sede electrónica

coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Prevención de incendios



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Descrición Os propietarios dos terreos teñen a obriga de realizar as actuacións necesarias para conservar e manter o chan e a biomasa vexetal nas condicións precisas para evitar incendios.

No caso de que os titulares dos terreos non cumpran voluntariamente con esta obrigación no prazo que establece a Lei 3/2007, de prevención de incendios, o Concello inicia un procedemento polo que lles requirirá para que manteñan devanditos terreos en condicións adecuadas, de acordo coa normativa vixente.

Forma de inicio De oficio.
Suxeito - A efectos deste procedemento, e sen prexuízo do que poida resultar do rexistro da propiedade, a ordenanza municipal de xestión de residuos municipais e limpeza viaria do Concello da Coruña considera propietarios a quen apareza como titulares catastrais dos terreos.

- Calquera veciño pode denunciar a existencia de terreos que non cumpran o disposto na lexislación vixente en materia de prevención de incendios.

Lugar de presentación - As alegacións e escritos que se dirixan ao Servizo de Medio Ambiente, en relación cun expediente de prevención de incendios poderanse presentar por calquera medio dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outuibro.

- As denuncias relativas a solares que incumpran a lexislación autonómica de prevención de incendios poderanse presentar, así mesmo, a través do portal de suxestións e reclamacións existente no Concello da Coruña.
Órgano Xestor Medio Ambiente - Sección de xestión administrativa.
Órgano que resolve Concelleira Delegada de Medio Ambiente, por delegación do Alcalde.
Prazo máximo de resolución e notificación 3 meses.
Efectos do silencio administrativo Caducidade.
Recursos posibles - Recurso potestativo de reposición.

- Recurso contencioso-administrativo.

Outra información No caso de que o expediente se inicie por denuncia dun particular, o denunciante terá que indicar a localización exacta do solar e os motivos polo que presenta a súa denuncia.


Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
Ley 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
L 11/07 Lei 11/2007,de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
LO 15/99 Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
Ley 3/2007 Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Lei 9/2002 Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.
Ordenanza gestion de limpieza Ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria do concello da Coruña (BOP nº 214, de 17 de setembro).

Ver enlace

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática