Descrición
|
O obxecto deste procedemento é tramitar o acompañamento policial aos vehículos de grandes dimensións, xa que en ocasións teñen dificultades para desprazarse polas vías urbanas, xa que existen en múltiples ocasiones problemas con vehículos estacionados en dobre fila, ou problemas de xiro en vías estreitas.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada.
|
Suxeito
|
Persoa física ou xurídica.
|
Prazo de presentación
|
Sen prazo.
|
Lugar e forma de presentación
|
- A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Suxeito a taxa en virtude da ordenanza fiscal número 2, por importe de 92,39 euros.
|
Órgano Xestor
|
Departamento de Mobilidade, Sección Transportes.
|
Observacións
|
O Departamento de Mobilidade, verifica se o vehículo que se vai a acompañar pola Policía Local ten a documentación en regra; nese caso remite informe favorable á Policía Local, que é a encargada de fixar o día, a hora e a ruta pola que se realizará o acompañamento.
|
Outra información
|
Os acompañamentos deben ser solicitados con polo menos 72 horas de antelación, para que se poida coordinar a actuación.
|