Descrición
|
Os cidadáns que desexen conducir un vehículo destinado ao servizo de taxi do Concello da Coruña, deben obter o permiso municipal de taxi.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada.
|
Forma de inicio
|
Persoa física.
|
Prazo de presentación
|
Sen prazo.
|
Lugar e forma de presentación
|
- A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Suxeito a taxa en virtude das ordenanzas fiscais números 1 e 13.
|
Órgano Xestor
|
Departamento de Mobilidade, Sección Transportes.
|
Órgano que resolve
|
Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
3 meses.
|
Efectos do silencio administrativo
|
Desestimatorio.
|
Recursos posibles
|
- Recurso potestativo de reposición. - Recurso contencioso-administrativo.
|
Outra información
|
CARACTERÍSTICAS DO EXAME Para a obtención dos permisos municipais de taxi será necesario a realización dun exame, que terá lugar o primeiro luns hábil de cada mes no Departamento de Mobilidade sito na Estación de Autobuses (Rua Cabaleiros s/n). Os aspirantes poderán cometer un máximo de cinco fallos. O solicitante poderá realizar a proba de aptitude un máximo de dúas veces; no caso de que non consiga superar o exame nos dous intentos estipulados, deberá abonar novamente a taxa pola realización da proba. Na páxina web pódese consultar o temario esixido para o exame. VIXENCIA: O permiso terá un validez de 5 anos, debendo renovarse unha vez transcorrese devandito prazo. Se non se fai uso do permiso durante un prazo máximo de seis meses, será revogado. No caso de que non se exerza por atoparse en situación de desemprego involuntario o permiso seguirá vixente durante un prazo máximo de dous anos. RETIRADA DO PERMISO A retirada do permiso realizarase polo interesado no Departamento de Mobilidade unha vez recibida a notificación. Para a recollida do carné deberá presentar: - Orixinal e copia do contrato de traballo. - Orixinal e copia da inscrición de alta na Seguridade Social. - Declaración responsable na que manifeste que presta o servizo de taxi con exclusiva dedicación, cumprindo o fixado na Lei 4/2013, de 30 de maio (Art. 20 apart. 1).
|