Descrición
|
Mecanismo de control periódico do estado de conservación das edificacións. É unha inspección técnica dos edificios e construcións, de carácter obrigatorio, que acredita o estado das súas condicións de funcionalidade, ornato, seguridade, estabilidade, estanqueidade e consolidación estruturais, así como as de habitabilidade. Están suxeitos a inspección todos os edificios catalogados e os de antigüidade superior a corenta anos, contados desde a súa construción ou rehabilitación equivalente. A obriga de efectuar a ITE dos edificios corresponde aos propietarios dos mesmos. En caso de vivendas ou locais integrados nunha comunidade de propietarios, o deber de inspección corresponde á propia comunidade.
|
Forma de inicio
|
Mediante requirimento municipal.
|
Suxeito
|
Propietario, comunidade de propietarios ou representante.
|
Prazo de presentación
|
Dentro do ano seguinte a aquel no que se efectúe o requirimento municipal. Se non se presenta a ITE no prazo concedido, efectúase un novo requirimento para que se presente en tres meses. Se non se presentase nese prazo, habería que acudir a execución forzosa: ou ben impoñer multas coercitivas ou ben realizar o acta de ITE en execución subsidiaria, á conta do obrigado.
|
Lugar e forma de presentación
|
De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Oficina Municipal de Rehabilitación Centro Comercial los Cantones Village, Avda. Alferez Provisional s/n. C.P. 15006 a Coruña.
- Por correo dirixido ao rexistro xeral do concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada. - A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Ningún. Trátase dunha revisión técnica do edificio, polo que o propietario ou a comunidade de propietarios, deberá acordar o prezo co técnico particular que contrate para realizar a devandita inspección.
|
Órgano Xestor
|
Servizo de Vivenda e Rehabilitación.
|
Órgano que resolve
|
Tenente de alcalde responsable da área de rexeneración urbana e dereito á vivenda por delegación do Alcalde.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
Sen prazo.
|
Observacións
|
Se o resultado da acta presentada é favorable en cuanto ao estado de conservación do inmoble, e tamén se informa favorablemente polos servicios municipais, arquivase o expediente e se incorpora o edificio na Sección Primeira do Libro Rexistro. Si o resultado da acta é desfavorable, o Concello dictará a orde de execución das obras necesarias para subsanar as deficiencias do inmoble, outorgando un prazo para a súa execución. Execución forzosa: se non se solicita a licenza para executar as obra requiridas ou non se executan as obras, efectúase unha reiteración da orde de execución e a imposición de multas coercitivas. Unha vez executadas as obras requiridas, a propiedade ten que presentar o certificado final de obra ou o certificado de idoneidade e, se se informa favorablemente polos técnicos municipais, arquívase o expediente e se inclúe o inmoble na Sección 2ª.
|
Efectos do silencio administrativo
|
Desestimatorio.
|
Recursos posibles
|
-Recurso potestativo de reposición. -Recurso contencioso-administrativo.
|
Outra información
|
Os cidadáns poden consultar na web municipal a información xenérica de se un edificio ten unha ITE favorable, desfavorable ou en trámite.
|