Descrición
|
A execución de obras en vías públicas por causa das instalacións para conducións de servizos públicos de subministracións (auga, electricidade, gas, telefonía...) requiren a previa licenza municipal, que terá por obxecto aprobar o trazado proposto polo tiular da instalación, así como as características das devanditas obras, e a súa forma e prazo de execución.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada.
|
Suxeito
|
Persoa física ou xurídica, interesado principal ou representante.
Quen sexa titulares das redes de servizo ou calquera persoa física ou xurídica que teña que executar en vía pública unha conexión privada de inmoble á rede de servizos.
|
Prazo de presentación
|
Sen prazo.
|
Lugar e forma de presentación
|
De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada.
- A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Suxeito ao pago de taxas por tramitación e obtención de licenzas reguladas nas Ordenanzas Fiscais Nº 1 Ordenanza 1 Nº 3 Ordenanza 3, e Nº 26 Ordenanza 26.
|
Órgano Xestor
|
Servizo de infraestruturas e equipamentos.
- Departamento de Conservación e Mantemento.
- Departamento de Servizos Xerais.
|
Órgano que resolve
|
Tenente de alcalde responsable da área de rexeneración urbana e dereito á vivenda por delegación da Xunta de Goberno Local.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
Tres meses para a súa resolución e dez días para a súa notificación desde a adopción da resolución.
|
Observacións
|
Unha vez autorizada a canalización, obrigatoriamente o titular da licenza deberá prestar garantía para reposición de pavimentos, que será devolta unha vez transcorridos SEIS meses desde a finalización das obras se as mesmas considéranse en óptimas condicións.
|
Efectos do silencio administrativo
|
Desestimatorio.
|
Recursos posibles
|
- Recurso potestativo de reposición. - Recurso contecioso-administrativo.
|
Outra información
|
Sen o pago das taxas ou sen achegar a solicitude específica debidamente cumprimentado cos datos técnicos da gabia, así como situación e duración da mesma, non poderá tramitar a solicitude, requiríndose ao interesado a súa corrección durante o prazo de dez días hábiles.
As licenzas terán unha vixencia de seis meses podendo prorrogarse a súa vixencia mediante solicitude do titular da mesma presentando solicitude antes da finalización do período de vixencia.
|
Tarifa Aplicable
|
Metros lineais da gabia, pola duración e o importe establecido na Ordenanza Fiscal Nº 26. Ademais, se modulará co coeficiente de ponderación asignado á rúa na que se executará a obra, segundo o rueiro fiscal aprobado.
Tamén se abonará as taxas das Ordenanzas Fiscais Nº 1 e 3 conforme á tramitación solicitada.
|