Sede electrónica

coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Solicitude de autorización de acometida á rede de sumidoiros



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición A execución de obras en vías públicas por causa da realización de acometida desde un inmoble de titularidade privada á rede de sumidoiros.

Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.

Suxeito Persoa física ou xurídica, interesado principal ou representante.

Quen sexa propietarios, posuidores, inquilinos, etc... do inmoble privado que require conectarse á rede municipal de sumidoiros.

Prazo de presentación Sen prazo.

Lugar e forma de presentación De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada. Direccións:


  • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.


  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.


  • Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.




- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada.


- A través do Rexistro Telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.


- Nos demais supostos contemplados no art 38.4 da Lei 30/1992 Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Tributos Suxeito ao pago de taxas por tramitación e obtención de licenzas reguladas nas Ordenanzas Fiscais Nº 1Ordenanza 1 Nº 3 Ordenanza 3, Nº 7 Ordenanza 7 e excepcionalmente a Nº 26 Ordenanza 26 se é necesario efectuar gabia.

Órgano Xestor Servizo de infraestruturas e equipamentos.

- Departamento de Conservación e Mantemento.

- Departamento de Servizos Xerais.

Órgano que resolve Tenente de alcalde responsable da área de rexeneración urbana e dereito á vivenda por delegación da Xunta de Goberno Local.

Prazo máximo de resolución e notificación Tres meses para a súa resolución e dez días para a súa notificación desde a adopción da resolución.

Observacións Unha vez autorizada a acometida á rede de sumidoiros, obrigatoriamente o titular da licenza deberá prestar garantía para reposición de pavimentos, que será devolta unha vez transcorridos DOUS meses desde a finalización das obras se as mesmas considéranse en óptimas condicións.

Efectos do silencio administrativo Desestimatorio.

Recursos posibles - Recurso potestativo de reposición.

- Recurso contecioso-administrativo.

Outra información Sen o pago das taxas ou sen achegar a solicitude específica debidamente cumprimentada cos datos técnicos da acometida, así como situación de recollida de pluviais e gabia se é necesaria, non poderá tramitarse a solicitude, requirindo ao interesado a súa corrección durante o prazo de dez días hábiles.

As licenzas terán unha vixencia de seis meses podendo prorrogarse a súa vixencia mediante solicitude do titular da mesma presentando solicitude antes da finalización do período de vixencia.

Tarifa Aplicable Número de acometidas a executar pola tarifa unitaria establecida na Ordenanza Fiscal Nº 7.

Tamén se abonará as taxas das Ordenanzas Fiscais Nº 1 e 3 conforme á tramitación solicitada.


Documentación para achegar
Tipo Presentación
Datos para a acometida ó ramal da rede do sumidoiro: Solicitude específica debidamente cumprimentada. No caso de que se solicite telemáticamente a través desta sede electrónica, mediante o formulario web ao que se acceda.

Obrigatorio Ambas
Plano de situación ou emprazamento da gabia: Plano de situación ou emprazamento da gabia, se fose necesario realizala para efectuar a acometida.

Opcional Ambas
Resgardo de abono das taxas: Resgardo de abono das taxas.

Obrigatorio Ambas
Documentacion adicional: outra documentación.

Opcional Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
Ley 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
L 11/07 Lei 11/2007,de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
LO 15/99 Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
LO 4/01 Lei orgánica 4/2001, de 12 de novembro, reguladora do dereito de petición.

Ver
Decreto 17/1955 Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o regulamento de servizos das corporacións locais.

Ver
RD 1372/1986 R.D. 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o regulamento de bens das entidades locais.
RD 2612/96 Real decreto 2612/1996 de 20 de decembro, polo que se modifica o regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais.

Ver
Lei 9/2002 Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.
Ordenanzas Ordenanzas vixentes do Concello.
Ordenanza fiscal nº1 Ordenanza fiscal nº1-2015 reguladora da taxa por expedición de documentos.

Ver enlace
Ordenanza fiscal nº 3 Ordenanza fiscal nº 03-2015-reguladora da taxa polo outorgamento de licenzas e outros servizos urbanísticos.

Ver enlace
Ordenanza fiscal nº 7 Ordenanza fiscal nº 07-2015-reguladora da taxa por prestación de servizo de rede de sumidoiros e depuración de augas residuais.

Ver enlace
Ordenanza fiscal nº 26 Ordenanza fiscal nº 26-2015-reguladora da taxa pola apertura de gabias, calicatas e calas en terreo de uso público, así como as remocións de pavimento ou beirarrúas na vía pública.

Ver enlace
Outra Aqueloutra normativa que resulte de aplicación ao suposto.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática