Descrición
|
Este procedemento xestiona a posta a disposición a favor de particulares e entidades deportivas das instalacións deportivas de xestión directa municipal, e tamén as convocatorias dos programas de eventos, campañas, cursos, xornadas e outras actividades deportivas.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada.
|
Suxeito
|
Calquera persoa física ou xurídica.
|
Prazo de presentación
|
Sen prazo.
|
Lugar e forma de presentación
|
- A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Palacio de Deportes de Riazor. Calle Manuel Murguía, s/n. C.P. 15001. A Coruña.
- Ciudad Deportiva de la Torre. Calle Doctor Vázquez Iglesias, 2. C.P. 15002. A Coruña.
- Polideportivo Barrio de las Flores. Calle Petunias, 6. C.P. 15008. A Coruña.
- Por correo dirixido ao rexistro xeral do concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Taxa segundo ordenanza fiscal nº15.
Ver ordenanza
|
Órgano Xestor
|
Direccións de instalacións deportivas.
|
Órgano que resolve
|
Concelleiro delegado de Deportes e primeiro tenente de alcaldesa por delegación da Xunta de Goberno Local.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
3 meses.
|
Observacións
|
No caso de que a actividade para desenvolver sexa de interese público ou social, poderá pedirse expresamente na solicitude o patrocinio da mesma, o que implicaría a exención da taxa en caso de concederse.
|
Efectos do silencio administrativo
|
Desestimatorio.
|
Recursos posibles
|
- Recurso potestativo de reposición. - Recurso contencioso-administrativo.
|
Outra información
|
Darase prioridade no uso das instalacións ás entidades deportivas e aquelas sociais que presenten proxectos de actividades de carácter educativo ou de reinserción para executar con tales usos. En ningún caso admitirase a realización de carácter económico. Exceptúase o cobro de entradas, e nese caso, o concello deberá participar nos devanditos ingresos nos termos regulados na ordenanza fiscal nº 15. Existe un documento que regula as condicións de uso das instalacións deportivas, escolas deportivas municipalis e outras actividades (Acordo da X.G.L. de 20/07/2007).
Ver condiciones de uso
|