Sede electrónica

coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Solicitude de inscrición de animal potencialmente perigoso no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición O titular de licenza de animal potencialmente perigoso que resulte propietario está obrigado a inscribilo no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos existente no municipio onde resida habitualmente o citado animal.

Os datos do rexistro municipal serán comunicados polo Concello ao Rexistro galego de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos, no prazo máximo de 15 días, contados desde o momento da inscrición dun animal potencialmente perigoso.

Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.
Suxeito Persoa física, maior de idade, propietaria do animal potencialmente perigoso.

Prazo de presentación A solicitude presentarase dentro dos quince días seguintes á obtención da correspondente licenza municipal para tenencia dun animal potencialmente perigoso.

Lugar e forma de presentación De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada. Direccións:


  • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.


  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.


  • Centro Sociocultural. Ágora Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.






- Por correo dirixido ao rexistro xeral do concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada.


- A través do rexistro telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.


- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.

Tributos Taxa prevista na ordenanza fiscal nº 10 (por prestación de servizos de sanidade preventiva relacionados con animais de compañía e outros servizos de prevención): 6 euros.

Órgano Xestor Servizo de Medio Ambiente e Sanidade - Sección de xestión administrativa.

Órgano que resolve Resolución da concelleira delegada de medio ambiente por delegación da Xunta de Goberno Local.

Prazo máximo de resolución e notificación 3 meses.
Observacións - Para solicitar a inscrición dun animal potencialmente perigoso é necesario ser propietario do animal e ser titular de licenza para a tenencia de animais potencialmente perigosos.


- Na solicitude deberá sinalar se o animal teno para compañía ou garda, defensa ou caza.

Efectos do silencio administrativo Desestimatorio.
Recursos posibles - Recurso potestativo de reposición.

- Recurso contencioso-administrativo.

Outra información - Os datos que deberán constar, como mínimo, no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos serán os seguintes:


  • Datos persoais do titular: nome, dirección habitual, DNI e teléfono de contacto.


  • Características do animal que fagan posible a súa identificación: idade, especie, raza, características externas e número de microchip.


  • Lugar habitual de residencia do animal.


  • Función/aptitude do animal (compañía ou garda, defensa, caza).


  • - A omisión da inscrición no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos é constitutiva de infracción administrativa grave, podendo ser sancionada con multa de ata 2.400 euros , sen prexuízo das sancións accesorias previstas na lexislación vixente, entre elas, a confiscación e comiso do animal, así como a suspensión temporal ou definitiva da licenza para tenencia de animais potencialmente perigosos.


    Documentación para achegar
    Tipo Presentación
    Solicitud General: Solicitude Xeral.

    Obrigatorio Ambas
    Fotocopia cartilla veterinaria : Fotocopia das páxinas da cartilla veterinaria onde veña: nome, especie, raza, sexo, data de nacemento, características externas identificatorias, e dirección do animal.

    Obrigatorio Ambas
    Microchip: Copia compulsada do documento acreditativo da implantación do microchip do animal asinado por veterinario autorizado.

    Obrigatorio Ambas
    Información sobre a licenza municipal: Información sobre a licenza municipal: (nº de licenza e data de expedición). Se a licenza obtívose noutro concello, fotocopia da devandita licenza.

    Obrigatorio Ambas
    Xustificante: Xustificante de abono da taxa prevista na Ordenanza Fiscal nº 10.

    Obrigatorio Ambas

    Normativa
    L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

    Ver
    Ley 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

    Ver
    L 11/07 Lei 11/2007,de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
    LO 15/99 Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

    Ver
    RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

    Ver
    Ley 50/1999 Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenencia de animais potencialmente perigosos.
    Real Decreto 287/2002 Real Decreto 287/2002, de 22 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, de 23 de decembro.
    Decreto 90/2002 Decreto 90/2002, de 28 de febreiro, polo que se regula a tenencia de animais potencialmente perigosos na comunidade cutónoma de Galicia e créanse rexistros galegos de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e adestradores caninos.

    Tramitación presencial
    Instancia de solicitude
    Tramitación telemática
    Tramitar
    Lenda
    Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
    Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática