Descrición
|
A reclamación económico-administrativa é un medio para impugnar os actos de aplicación dos tributos (xestión, inspección e recadación) e de imposición de sancións tributarias que realice a adminsitración municipal e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes dela e os concesionarios de servizos públicos aos que se encomendou a exacción dalgunha taxa ou prezo público. Polo procedemento abreviado só se poden tramitar reclamacións de contía inferior a 600 euros.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada.
|
Suxeito
|
Os obrigados tributarios e os suxeitos infractores. Calquera outra acode cuxos intereses lexítimos resulten afectados polo acto ou a actuación reclamable. Cando se actúe mediante representante, deberase acompañar a documentación que a acredite.
|
Prazo de presentación
|
Un mes contado dende a recepción da notificación do acto reclamado ou dende o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.
|
Lugar e forma de presentación
|
De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural. Ágora Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Rexistro Área Económica. Rúa da Franja. nº 20. C.P. 15001 A Coruña.
- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada.
- A través do Rexistro Telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.
- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Ningún.
|
Órgano Xestor
|
Tribunal Económico Administrativo Municipal, previa remisión do expediente polo órgano autor do acto reclamado.
|
Órgano que resolve
|
Tribunal Económico Administrativo Municipal (TEAM).
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
Seis meses contados dende a interposición da reclamación.
|
Observacións
|
O escrito de interposición da reclamación débese dirixir ao órgano que ditase o acto que se pretende impugnar, coa indicación de que se remita ao TEAM.
|
Efectos do silencio administrativo
|
Desestimatorio.
|
Recursos posibles
|
- Recurso contencioso-administrativo. - Recurso de anulación ante o propio TEAM cando se declarou a inadmisibilade ou o arquivo da reclamación, cando se declararon inexistentes as alegacións ou probas presentadas e cando se alegue a existencia de incongruencia completa e manifesta da resolución.
|