Descrición
|
É a licenza que teñen que obter as persoas que sexan propietarias e as que conduzan ou custodien animais potencialmente perigosos, e as súas cruces, segundo o Artigo 2.2.c do decreto 90/2002 de galicia.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada.
|
Suxeito
|
Persoa física, maior de idade e empadroada no Concello da Coruña.
|
Prazo de presentación
|
Sen prazo.
|
Lugar e forma de presentación
|
- A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Abono das taxas previstas en: - ordenanza fiscal nº 1 (taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos): 10,95 euros. - ordenanza fiscal nº 10 (taxa por prestación de servizos de sanidade preventiva, relacionados con animais de compañía): 37,29 euros.
|
Órgano Xestor
|
Servizo de Medio Ambiente - Departamento de xestión administrativa.
|
Órgano que resolve
|
Resolución da Concelleira delegada de medio ambiente por delegación da Xunta de Goberno Local.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
3 meses.
|
Observacións
|
- Para solicitar a licenza é necesario estar empadroado no Concello da Coruña. - A licenza terá un período de validez de cinco anos, podendo ser renovada por períodos sucesivos de igual duración. - A licenza perderá a súa vixencia no momento en que o titular deixe de cumprir calquera dos requisitos esixidos para a súa obtención. - Calquera variación dos datos que figuran na licenza deberá ser comunicada polo seu titular no prazo de quince días, contados desde a data en que se produza, ao órgano que expediu a licenza. - Terá a consideración de infracción administrativa moi grave a tenencia de cans ou animais potencialmente perigosos sen licenza. Dita infracción pode ser sancionada con multa de ata 15.000 euros, sen prexuízo das sancións accesorias previstas na lexislación previstas entre elas a confiscación e comiso do animal, así como coa SUSPENSIÓN TEMPORAL ou DEFINITIVA da licenza para tenencia de animais potencialmente perigosos.
|
Efectos do silencio administrativo
|
Desestimatorio.
|
Recursos posibles
|
- Recurso potestativo de reposición. - Recurso contencioso-administrativo.
|
Outra información
|
Entenderase por can potencialmente perigoso: - As 16 razas sinaladas no artigo 16.2 da lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia. - Os que tiveron algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou cousas. - Os que foron adestrados para a garda e defensa. - Os que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento para a garda e defensa e, en concreto, os pertencentes ás categorías recollidas no artigo 2.2.c) do Decreto 90/2002.
|