Descrición
|
A repartición de calquera clase de publicidade na vía pública, así como a repartición de publicidade domiciliaria, sexa cal for o soporte (panfletos, folletos, envases de produtos e similares) está suxeita a autorización municipal.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada.
|
Suxeito
|
A autorización poderá ser solicitada pola empresa distribuidora ou directamente polo propio anunciante, se é el mesmo o que realizará a distribución.
|
Prazo de presentación
|
A solicitude presentarase cunha antelación mínima de 7 días hábiles á data prevista para a repartición, ao obxecto de que se poida tramitar o correspondente procedemento.
|
Lugar e forma de presentación
|
- A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Ordenanza fiscal nº1 (taxa por expedición de documentos): Artigo 6.1.7. Ordenanza fiscal nº12 (taxa por licenza de actividades ambulantes): Artigo 6.D.
|
Órgano Xestor
|
Medio Ambiente - Sección de xestión administrativa.
|
Órgano que resolve
|
Concelleira delegada de medio ambiente por delegación da Xunta de Goberno Local.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
3 meses.
|
Observacións
|
- Será requisito previo para a obtención da autorización estar ao corrente nas obrigacións fiscais municipais (o que se comprobará de oficio polo Concello) e non ser sancionado por sancións derivadas da Ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria da Coruña no último ano. - Denegaranse aquelas solicitudes que conteñan anuncios contrarios á Constitución, á lexislación vixente, ás ordenanzas municipais ou que induzan ao incumprimento de calquera norma. Así mesmo, poderá denegarse a solicitude por razóns de interese público debidamente motivadas. - A repartición de publicidade en vía pública ou domiciliaria sen a correspondente autorización será considerada falta grave, e poderá ser sancionada con multa de ata 1.500 euros. - Non é repartición de publicidade a colocación ou o pegado de calquera tipo de carteis, pancartas ou adhesivos en papeleiras, colectores de residuos, suxeicións destes, sinais, farois, marquesiñas ou calquera outro elemento de mobiliario urbano.
|
Efectos do silencio administrativo
|
Desestimatorio.
|
Recursos posibles
|
- Recurso potestativo de reposición. - Recurso contencioso-administrativo.
|
Outra información
|
- Todo o material que se distribúa conterá en lugar visible a identificación da empresa anunciante e, no seu caso, da distribuidora. - Os elementos obxecto de distribución deben incluír unha mensaxe en que se lle indique ao receptor a conveniencia de non tiralos á vía pública, depositándolles preferentemente nos colectores de papel e, na súa falta, en papeleiras próximas. - O Concello pode supeditar a autorización á constitución de fianza en metálico ou aval bancario pola contía previsible dos servizos subsidiarios de limpeza e xestión de residuos. Se o custo dos devanditos servizos fose superior á fianza esixida, o titular da actividade deberá abonar a diferenza.
|
Importe da taxa
|
- Ordenanza fiscal nº 12. Artigo 6.D: 19,74 euros por persoa de reparto e día ou fracción. - Ordenanza fiscal nº 1: Artigo 6.1.7: Cota variable segundo a contía que resulte de calcular a taxa da ordenanza fiscal 12: Ata 30,05 euros de dereitos 5,45 euros. De 30,06 a 60,10 euros de dereitos 10,95 euros. De 60,11 a 150,25 euros de dereitos 21,90 euros. De 150,26 a 300,51 euros de dereitos 54,74 euros. Mais de 300,51 euros de dereitos, cada 30,05 euros ou fracción de exceso 0,77 euros.
|