Sede electrónica

coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Hortos urbanos



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición O Concello creou un espazo público dedicado a hortas de lecer con destino a prácticas de agricultura ecolóxica no Barrio de Novo Mesoiro.

As persoas empadroadas no Concello da Coruña poderán solicitar a autorización para o uso dun dos hortos durante dous anos, ampliables por outro ano máis.

Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.
Suxeito Persoa física maior de 18 anos ou xurídica, que reúna os seguintes requisitos:


- Estar inscrita no padrón municipal cunha antigüidade mínima dun ano anterior á publicación da convocatoria no BOP (publicado o 01.08.14).


- Estar ao corrente do pago das obrigacións tributarias ou doutra índole co Concello da Coruña.


- Non ter en propiedade a persoa solicitante nin ningunha outra da súa unidade familiar, nin en usufructo ou arrendamento ou baixo calquera outra forma de cesión, terreos aptos para cultivo.


- Estar capacitado/a para cultivar un pequeno horto sen que supoña un risco para a súa saúde.


Establécense as seguintes categorías de solicitantes:

I. Persoas con ingresos anuais menores que o 75% do IPREM.

II. Xubiladas/os ou maiores de 65 anos.

III. Adultos maiores de 30 anos.

IV. Mozos de entre 18 -30 anos.

Prazo de presentación Sen prazo.
Lugar e forma de presentación De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada. Direccións:


  • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.


  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.


  • Centro Sociocultural. Ágora Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.





- Por correo dirixido ao rexistro xeral do concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada.


- A través do rexistro telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.


- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.

Tributos Prezo Público pola utilización de Hortos de Lecer (Ordenanza Fiscal 43):


- Cota de inscrición 50 euros (en todo caso) (obrigatorio).

- Cota mensual 25 euros / 0 euros para solicitantes da categoría I, aos que se aplica a tarifa social.


Previa valoración do interese artístico, representativo ou social da prestación, a Xunta de Goberno Local poderá reducir o importe das tarifas antes fixadas ou decidir a non esixencia de prezo público algún.
Órgano Xestor Medio Ambiente - Sección de xestión administrativa.
Órgano que resolve Concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno local.
Prazo máximo de resolución e notificación 3 meses.
Observacións Os 89 hortos distribuiranse de forma proporcional ao número de solicitantes de cada categoría. Teranse en conta as seguintes reservas:


- Un mínimo de 20 hortos asignaranse aos solicitantes do grupo I.


- Dous hortos resérvanse para a práctica de actividades de educación ambiental promovidas polo Concello da Coruña.


- Dous hortos resérvanse para proxectos de asociacións, colectivos, centros educativos ou culturais vinculados ao barrio de Novo Mesoiro.


De non cubrirse todas as prazas do Grupo I, pasarán a formar parte dos grupos seguintes, distribuíndose tamén de maneira proporcional ao número de solicitantes de cada un deles.

Efectos do silencio administrativo Desestimatorio.
Recursos posibles - Recurso potestativo de reposición.

- Recurso contencioso-administrativo.

Outra información Na solicitude deberán detallar expresamente:


- A categoría á que desexa acollerse.


- O nome e parentesco doutros membros da unidade familiar convivencial que o solicitante desexe incluír como autorizados para o uso e aproveitamento do horto, que deberán reunir os mesmos requisitos que os esixidos para ser solicitante.


Só se admitirá unha solicitude por unidade familiar.


Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitud Xeral: Solicitud xeral.

Obrigatorio Ambas
Documentos identificativos: Fotocopia do DNI do solicitante e de cada unha das persoas da unidade familiar convivencial que figurarán como autorizados.

Obrigatorio Ambas
Xustificante de abono das taxas: Xustificante de abono das taxas.

Obrigatorio Ambas
Fotografias: Dúas fotografías tamaño carné do solicitante e daquelas persoas que incluíse na súa solicitude.

Obrigatorio Ambas
Pagos: Modelo impreso de domiciliación do pago das cotas mensuais.

Obrigatorio Ambas
Declaración xurada: Declaración xurada na que faga constar non ter en propiedade a persoa solicitante nin ningunha outra da unidade familiar, nin en usufructo ou arrendamento, ou baixo calquera outra forma de cesión, terreos aptos para o cultivo.

Obrigatorio Ambas
Declaración da renda: Só para os solicitantes do grupo I: fotocopia compulsada da última declaración da renda ou certificado negativo expedido pola Axencia Estatal Tributaria, relativo á non obrigación da súa presentación, referido ao solicitante e ás persoas da unidade familiar convivencial que desexe que figuren como autorizados, ou aceptación de que os seus datos fiscais e o dos membros da unidade familiar, no seu caso, sexan directamente comprobados polo propio Concello.

Opcional Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
Ley 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
L 11/07 Lei 11/2007,de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
LO 15/99 Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
Ley 33/2003 Lei 33/2003, de 3 de novembro, de patrimonio das administracións públicas.

Ver
RD 1372/1986 R.D. 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o regulamento de bens das entidades locais.
BR Bases reguladoras da convocatoria para a concesión da autorización de uso dos hortos urbanos situados en Novo Mesoiro, (BOP nº 145, 01/08/2014).
Ordenanza fiscal nº 43 Ordenanza fiscal nº 43 do concello da Coruña. (artigo 4.E).

Ver enlace

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática