Sede electrónica

coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Solicitude de certificado de empadroamento individual, con certificado dixital



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónicaNivel de modernización 4. Tramitación electrónica

Nivel de modernización 4. Tramitación electrónica

Información
Descrición O padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel. Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberase inscribir unicamente no que habite durante máis tempo ao ano.

Mediante o volante de empadroamento constátase a inscrición no Padrón Municipal de Habitantes do Concello, trátase dun documento de carácter informativo sobre a residencia da persoa solicitante, cuxo domicilio habitual está situado neste municipio.

Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.

Suxeito Persoa física, interesado principal ou representante.

Quen acredite un interese lexítimo (autoridades públicas ou requirimento xudicial) pode solicitar o volante de empadroamento doutra persoa.

Prazo de presentación Sen prazo.

Lugar e forma de presentación De forma presencial, nas oficinas do Padrón (María Pita, Fórum, Ágora) presentando o DNI ou documento de identificación entregarase no momento sen necesidade de solicitalo por escrito.

- De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello presentando a instancia de solicitude correspondente e debidamente cuberta e toda a documentación requirida para a tramitación do procedemento. Direcions:


  • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.


  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.


  • Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.




- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.


- A través do Rexistro Telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.


- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.

Tributos Ningún.

Órgano Xestor Negociado de Estatística do Concello da Coruña.

Prazo máximo de resolución e notificación En formato presencial xerarase o volante no momento.

Se se tramita electronicamente devolverá automaticamente o volante de empadroamento.

Observacións Cómpre recordar que para determinadas administracións a validez dos volantes de empadroamento caduca segundo o prazo establecido por cada organismo.

É importante lembrar que para poder utilizar a opción telemática é necesario estar empadroado actualmente no Concello da Coruña.


Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude Xeral: Solicitude debidamente cuberta.No caso de que se solicite telemáticamente a través desta sede electrónica, mediante o formulario web ao que se acceda. Se a presentación é presencial non será necesario.

Obrigatorio Ambas
Documentos identificativos: Identificación del interesado: DNI del interesado/a, Libro de Familia, Pasaporte, carné de conducir o documento identificativo de carácter público y valor análogo, tarjeta de extranjero, pasaporte, o tarjeta de identidad vigente si son nacionales de estados miembros de la Unión Europea, si es solicitado por otra persona que no sea el interesado: (DNI original del autorizado, fotocopia DNI del que autoriza con la autorización) documento de identidad o copia del mismo con autorización expresa del interesado. Si se hace a través de la Sede electrónica la propia identificación fehaciente (DNIe, certificado digital) constata la identidad.

Obrigatorio Ambas
Libro de familia: Para os menores non emancipados, presentarase o Libro de Familia ou documento que acredite a garda e custodia do dito menor (só en presencial) e DNI do titor (pai, nai, etc.

Opcional Presencial
Documentos aclaratorios: Para o volante dunha persoa falecida presentarase o DNI do defunto ou acreditar un interese lexítimo no trámite, exhibindo o Libro de Familia, testamento, declaración de herdeiros ou documento análogo. Se non se puidese entregar ningún dos documentos anteriores, e sempre e cando o falecido estivese empadroado coa persoa solicitante, o DNI desta última (neste caso tramitarase unicamente en presencial).

Opcional Presencial

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
L 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
L 11/07 Lei 11/2007,de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
LO 15/99 Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
LO 4/01 Lei orgánica 4/2001, de 12 de novembro, reguladora do dereito de petición.

Ver
RD 2612/96 Real decreto 2612/1996 de 20 de decembro, polo que se modifica o regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais.

Ver
Ordenanzas Ordenanzas vixentes do Concello.
Outra Aqueloutra normativa que resulte de aplicación ao suposto.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática