Sede electrónica

coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Solicitude xeral



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición Permite a presentación por parte da persoa interesada de solicitudes ante o rexistro xeral do Concello, en relación a todas aquelas cuestións para as cales non se encontre solicitude en papel ou procedemento telemático concreto.

Tanto presencial, como telematicamente, deberá cubrir a solicitude e achegar todos aqueles documentos que considere pertinentes.


O Concello mediante este servizo pretende poñer a disposición da cidadanía unha vía de comunicación directa a través de medios electrónicos, permitindo o acceso, logo da previa identificación fidedigna, á Administración sen falta de desprazarse a ela.
Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.

Suxeito Calquera persoa física ou xurídica.

Prazo de presentación Conforme ao procedemento que, se é o caso, estivese establecido.

Lugar e forma de presentación De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:


  • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.


  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.


  • Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.




- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.


- A través do Rexistro Telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.


- Nos demais supostos contemplados no art 38.4 da Lei 30/1992 Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Tributos Conforme á normativa relativa ao procedemento solicitado.

Órgano xestor A instancia analizaraa o rexistro xeral que determinará o órgano xestor en base ao procedemento solicitado.

Órgano que o resolverá O que resulte competente de conformidade coa normativa vixente.

Prazo máximo de resolución e notificación Prazo xeral de 3 meses, excepto que a normativa aplicable ao procedemento estableza un distinto. (Art. 42, Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Efectos do silencio administrativo Efectos correspondentes á normativa aplicable.


O réxime xeral: art. 43, Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Recursos posibles Serán os que correspondan segundo o procedemento de que se trate e a lexislación aplicable á materia obxecto da solicitude.

Observacións A solicitude xeral utilizarase sempre e cando non exista modelo específico ou procedemento telemático concreto referente á petición.


Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude xeral: Solicitude debidamente cuberta. No caso de que se solicite telemáticamente a través desta sede electrónica, mediante o formulario web ao que se acceda.

Obrigatorio Ambas
Documentación adicional : Toda aquela documentación conforme ao procedemento para o que presenta a solicitude.

Opcional Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
L 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
L 11/07 Lei 11/2007,de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
LO 15/99 Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
LO 4/01 Lei orgánica 4/2001, de 12 de novembro, reguladora do dereito de petición.

Ver
Ordenanzas Ordenanzas vixentes do Concello.
Outra Aqueloutra normativa que resulte de aplicación ao suposto.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática