Descrición
|
Se vde. desexa unha copia do atestado de tráfico poderá solicitala facendo constar o número de rexistro, data do accidente, lugar, matrícula ou matrículas dos vehículos implicados e carácter co que actúa. MOI IMPORTANTE: TELÉFONO DE CONTACTO.
|
Descrición do procedemento
|
Primeiramente, habería que verificar se o accidente en cuestión foi rexistrado como atestado de tráfico; para iso habería que contactar vía correo electrónico con atestados@coruna.es solicitando se, efectivamente, o expediente foi rexistrado pola devandita unidade. Para iso será necesario indicar a data do accidente, o lugar e a matrícula ou matrículas dos vehículos implicados e indicar o carácter co que actúa a persoa solicitante da información (implicado, representante). Moi importante: deberase facer constar o encabezamento SOLICITUDE DE INFORMACIÓN SOBRE SINISTRO.
A unidade de atestados contestaralle por correo electrónico se o dito accidente está rexistrado ou non. No primeiro caso informarano/a do seu número de rexistro e no segundo contestaranlle que non hai accidente rexistrado.
Recibida a solicitude, o instrutor do expediente confeccionará o atestado. Finalizado este, poñeranse en contacto telefónico coa persoa solicitante para indicarlle que o pode recoller na man, logo da previa identificación. Para iso deberá aboar previamente a taxa municipal correspondente no edificio municipal da r/ Franja (actualmente 51,18 euros) facendo constar que o obxecto da taxa é solicitude de atestado de tráfico. Facilitaranlle dúas copias (branca e azul). A persoa solicitante débese dirixir ao Cuartel da Policía Local (r/ Tui), dependencias de Atestados de Tráfico para recoller o atestado despois da previa entrega da copia branca da taxa.
Se vde. é un organismo oficial (Consorcio de Compensación, xulgados) non está suxeito ás taxas correspondentes.
IMPORTANTE. Se o policía instrutor do atestado observa indicios de ilícito penal, non se facilitará copia á persoa solicitante nestas dependencias, polo que informará a persoa solicitante de que para a obtención dunha copia del deberá acudir ao xulgado ao que foron remitidas as dilixencias, canalizándose este proceso a través dun avogado que o/a represente.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada.
|
Suxeito
|
Persoa física, interesado principal ou representante.
|
Prazo de presentación
|
Sen prazo.
|
Lugar e forma de presentación
|
De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
- A través do Rexistro Telemático NON se require identificación con DNI electrónico, certificado dixital avanzado e recoñecido nin ningún outro medio recoñecido pola sede electrónica do Concello da Coruña.
- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
-A solicitude poderase realizar vía correo electrónico: atestados@coruna.es.
-A través de FAX: 981 184 240.
|
Tributos
|
51,18 euros na actualidade.
Indicar: Solicitude de atestado referencia (a que se facilitou na contestación da solicitude de información).
|
Órgano Xestor
|
Policía Local Atestados de Tráfico.
|
Órgano que resolve
|
Xefatura da Policía Local A Coruña.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
Segundo a Lei de procedemento administrativo 10 días (Pode ocorrer que o atestado non estea finalizado no dito prazo pola falta de dilixencias que non puideron ser resoltas: declaracións de testemuñas, de implicados, dilixencias de investigacións, etc.).
|
Recursos posibles
|
Contra este acto , que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que o ditase nun PRAZO DUN MES, ou directamente recurso contencioso- administrativo, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo con sede en Coruña que por quenda corresponda, no prazo de DOUS MESES; en ambos os casos, o prazo que se di contarase a partir do día seguinte ao da data de recepción da presente notificación (art. 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa).
Se opta pola interposición do recurso de reposición advírteselle:
-Que non poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo ata a resolución expresa ou desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
-Que transcorrido o prazo dun mes, dende a súa presentación, sen que se notificase a resolución entenderase desestimado, para os efectos de interpoñer o recurso contencioso administrativo.
-Que contra a resolución do recurso de reposición poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo, ante o órgano da Xurisdición Contencioso Administrativo antes citado, no prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se fose expresa e, se non o fose, no prazo de SEIS MESES, contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta.
Todo iso sen prexuízo do seu dereito a interpoñer calquera outro recurso que se estime procedente.
|