Descrición
|
Os OBXECTOS PERDIDOS * NON DOCUMENTADOS * que son entregados á Policía Local da Coruña publícanse na web do Concello durante un mínimo de quince días, onde poden ser consultados por calquera cidadán.
* Tamén se pode usar o servizo electrónico para COMUNICARLLE Á OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS da Policía Local o extravío de calquera * OBXECTO DOCUMENTADO. Nesta páxina poderá facer constar a descrición do obxecto así como os datos de contacto actualizados, o que permitirá que a Policía Local o/a informe do achado e do procedemento para efectuar a entrega.
* Obxectos documentados: son todos aqueles que leven ou conteñan algún soporte documental, marca, anotación ou calquera outra circunstancia que permita identificar o/a propietario/a.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada.
|
Suxeito
|
Persoa física, interesado principal ou representante.
|
Prazo de presentación
|
Non existe prazo para efectuar a consulta dos obxectos perdidos publicados no servizo electrónico, salvo a limitación pola súa permanencia temporal na web, que é de quince días.
Non existe prazo para comunicar no servizo electrónico o extravío dun obxecto.
Os obxectos perdidos que non fosen reclamados pola persoa titular ou que non sexa posible a súa localización, son custodiados polo Concello durante o período de dous anos, pasado este prazo procederase segundo o establecido no Código Civil.
|
Lugar e forma de presentación
|
De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
- A través do Rexistro Telemático NON se require identificación con DNI electrónico, certificado dixital avanzado e recoñecido nin calquera outro recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña.
- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
É de xestión gratuíta e exenta de tributos.
|
Órgano Xestor
|
Oficina de Obxectos Perdidos da Policía Local da Coruña.
|
Órgano que resolve
|
Xefatura da Policía Local da Coruña.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
As persoas que comuniquen un extravío no servizo electrónico serán avisadas nun máximo de 10 días dende a recepción do achado, sempre que consten os seus datos de contacto telemáticos: correo electrónico, teléfono, fax, etc. En caso contrario, serán informadas por medio do correo ordinario.
|
Recursos posibles
|
Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente un recurso de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que o ditase nun PRAZO DUN MES, ou directamente recurso contencioso- administrativo, ante o Xulgado do Contencioso administrativo con sede en Coruña que por quenda corresponda, no prazo de DOUS MESES; en ambos os casos, o prazo que se di contarase a partir do día seguinte ao da data de recepción da presente notificación (art. 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa).
Se opta pola interposición do recurso de reposición advírteselle:
-Que non poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo ata a resolución expresa ou desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
-Que transcorrido o prazo dun mes, dende a súa presentación, sen que se notificase a resolución entenderase desestimado, para os efectos de interpoñer o recurso contencioso administrativo.
-Que contra resolución do recurso de reposición poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo, ante o órgano da Xurisdición Contencioso Administrativo antes citado, no prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se fose expresa e, se non o fose, no prazo de SEIS MESES, contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta.
Todo isto sen prexuízo do seu dereito a interpoñer calquera outro recurso que se estime procedente.
|
Enlace lista obxectos perdidos
|
Lista obxectos perdidos
|