Sede electrónica

coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Solicitude de alta e modificación de datos da tarxeta cidadá. Tarxeta Millennium



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición A Tarxeta Coruña Millennium é a chave para pagar a túa viaxe en autobús, a O.R.A., ou utilizar os servizos das bibliotecas municipais. En breve, esta mesma "chave" permitirache realizar trámites administrativos dende o teu ordenador, reservar instalacións municipais, sacar entradas para concertos de rock ou a Sinfónica e mil cousas máis.

Existen varias modalidades de Tarxeta Millennium:

Tarxeta Millennium xeral, que é a que se poderá solicitar a través deste servizo electrónico.

Se desexa información sobre a Tarxeta Millennium Social, póñase en contacto co Concello.


Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.

Suxeito Persoas físicas ou xurídicas estean ou non empadroadas no Concello da Coruña, menores de idade, neste suposto, o contrato debe ser asinado polo pai, a nai ou titor/a legal. .

Prazo de presentación Sen prazo.

Servizos A tarxeta consta de dous moedeiros diferentes e independentes:

*Moedeiro transportes:

Actualmente, está habilitado para o pago do billete de transporte urbano e proximamente tamén se poderá empregar no transporte metropolitano.

Este moedeiro pódese cargar cun mínimo de 5 euros e un máximo de 60 euros.

*Moedeiro servizos municipais:

Actualmente, emprégase para realizar o pago nos parquímetros da zona ORA, para acceder aos servizos das Bibliotecas Municipais (como carné de socio) e ao servizo Bicicoruña.

En breve, poderase utilizar para pagar e acceder ás instalacións deportivas municipais, para pagar a entrada dos museos municipais e para pagar en aparcadoiros públicos.

O moedeiro pódese cargar cun mínimo de 5 euros e un máximo de 180 euros.

Lugar e forma de presentación De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:


  • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.


  • Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.


  • Unidad de Transportes. Caballeros nº 21 (Estación Autobuses). C.P. 15009 A Coruña




- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.


- A través do Rexistro Telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.


-No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.

Tributos A expedición por primeira vez da tarxeta require aboar unha taxa de 3 euros para os empadroados no Concello da Coruña e de 7 euros para os non empadroados.

A expedición dun duplicado é gratuíta no caso de deterioración técnica da tarxeta (sen responsabilidade da persoa usuaria) e para os supostos de roubo, perda ou extravío deberase aboar a taxa de 7 euros.

Órgano Xestor Transportes.

Órgano que resolve Mobilidade.

Prazo máximo de resolución e notificación 30 días.

Efectos do silencio administrativo Desestimatorio.

Recursos posibles Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que o ditase nun prazo DUN MES, ou directamente recurso contencioso- administrativo, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo que por quenda corresponda, no prazo de DOUS MESES; en ambos os casos, o prazo que se di contarase a partir do día seguinte ao da data de recepción da presente notificación (art. 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa).


Se opta pola interposición do recurso de reposición advírtese:

-Que non poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo ata a resolución expresa ou desestimación presunta do recurso de reposición interposto.


-Que transcorrido o prazo dun mes, dende a súa presentación, sen que se notificase a resolución entenderase desestimado, para os efectos de interpoñer o recurso contencioso administrativo.


-Que contra a resolución do recurso de reposición poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo, ante o órgano da Xurisdición Contencioso Administrativo antes citado, no prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se fose expresa e, se non o fose, no prazo de SEIS MESES, contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta.


Todo isto sen prexuízo do seu dereito a interpoñer calquera outro recurso que se estime procedente.

Normas de utilización Pódese recargar ou consultar os movementos da tarxeta nos caixeiros automáticos, nos terminais pay-cash que hai dentro das oficinas de Caixa Galicia (ten a vantaxe de poder recargar a tarxeta con diñeiro en efectivo) e en calquera oficina da dita entidade financeira.

A tarxeta pódese cargar cun límite mínimo de 5 euros e máximo de 60 euros para o moedeiro de transportes e de 180 para o moedeiro de servizos.

A carga do moedeiro non se poderá efectuar ata o día seguinte á súa obtención, podendo ao mesmo tempo trasladar o saldo, se o houbese, da vella tarxeta á nova e obter a fianza depositada coa entrega da antiga.

Os importes cargados no moedeiro de transporte da tarxeta non poderán ser reclamados, traspasados nin serán devoltos no caso de que non fosen utilizados pola persoa titular.

A persoa titular poderá cancelar o contrato no momento que estime oportuno, debendo entregar a tarxeta. Unha vez tramitada a baixa e entregada, poderá solicitar a devolución do saldo almacenado e non utilizado do moedeiro de servizos.

Nos casos de perda, subtracción ou uso por terceiros distintos da persoa titular da tarxeta, esta asume a perda do importe co que estea cargada.

A persoa titular poderá traspasar a totalidade ou parte do saldo que en cada momento teña almacenado no moedeiro de servizos ao moedeiro de transporte; non obstante, non será posible traspasalo do moedeiro transporte ao moedeiro de servizos.


Documentación para achegar
Tipo Presentación
Contrato de solicitude: Contrato de solicitude debidamente cuberto e asinado.

Obrigatorio Ambas
Taxas da solicitude: Justificante.

Obrigatorio Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
L 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
L 11/07 Lei 11/2007,de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
LO 15/99 Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
LO 4/01 Lei orgánica 4/2001, de 12 de novembro, reguladora do dereito de petición.

Ver
Ordenanzas Ordenanzas vixentes do Concello.
Outra Aqueloutra normativa que resulte de aplicación ao suposto.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática