Descrición
|
Procedemento de devolución por rateo da taxa de lixo por cesamento de actividade por mor da declaración do primeiro estado de alarma
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada
|
Suxeito
|
Suxeito pasivo da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de lixo e residuos sólidos urbanos
|
Requisitos
|
Usarase iste procedemento para solicitar a devolución da taxa devengada durante o peche consecuencia do primeiro estado de alarma, e para os epígrafes especificados. - Personas jurídicas: deberán ter a consideración de microempresas. - Persoas físicas: deberán desenvolver unha actividade a título lucrativo, contar cunha plantilla media de empregados inferior a 10 persoas e un volume anual de operacións inferior a un millón de euros.
|
Prazo de presentación
|
Sen prazo
|
Lugar e forma de presentación
|
- A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Rexistro Área Económica. Rúa da Franja. nº 20. C.P. 15001 A Coruña.
- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Ningún
|
Órgano Xestor
|
Departamento de Facenda e Xestión de Tributos
|
Órgano que resolve
|
Concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
Seis meses
|
Efectos do silencio administrativo
|
Desestimatorio
|
Recursos posibles
|
-Recurso potestativo de reposición.
-Recurso contencioso administrativo.
-Reclamación económico-administrativa.
|
Epígrafes
|
Actividades que poden beneficiarse da devolución por rateo da taxa de lixo A) COMERCIO GRUPO 651. COMERCIO POLO MIÚDO DE PRODUTOS TÉXTILES, CONFECCIÓN, CALZADO, PELES E ARTIGOS DE COIRO. GRUPO 653. COMERCIO POLO MIÚDO DE ARTIGOS PARA O EQUIPAMENTO DO HOGAR E A CONSTRUCCION. GRUPO 656. COMERCIO POLO MIÚDO DE BENS USADOS TALES COMO MOBLES, PEZAS E AVEÑOS ORDINARIOS DE USO DOMESTICO. GRUPO 657. COMERCIO POLO MIÚDO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS EN XERAL, ASÍ COMO DOS SEUS ACCESORIOS. GRUPO 659. OUTRO COMERCIO POLO MIÚDO. Dentro do GRUPO 652 , só as actividades comprendidas nos epígrafes: 652.3.- Comercio polo miúdo de produtos de perfumería e cosmética, e de artigos para a hixiene e o aseo persoal. 652.4.- Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herboristarías . GRUPO 972 SALÓNS DE BARBERÍA E INSTITUTOS DE BELEZA. B) HOSTALERIA GRUPO 671. SERVIZOS EN RESTAURANTES. GRUPO 672. EN CAFETERÍAS. GRUPO 673. EN CAFÉS E BARES, CON E SEN COMIDA. GRUPO 676. SERVIZOS EN CHOCOLATERÍAS, XEADERÍAS E HORCHATERÍAS. GRUPO 681. SERVIZO DE HOSPEDAXE EN HOTEIS E MOTELES. GRUPO 682. SERVIZO DE HOSPEDAXE EN HOSTAIS PENSIÓNS. GRUPO 683. SERVIZO DE HOSPEDAXE EN FONDAS E CASAS DE HÓSPEDES ASI COMO O DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS AGRÍCOLAS QUE NON SEXAN DECLARADOS COMO ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA A UNHA ACTIVIDADE AGRICOLA, GANDEIRA OU FORESTAL. GRUPO 684. SERVIZO DE HOSPEDAXE EN HOTEIS APARTAMENTOS.
|