Descrición
|
Tramitación de axudas económicas de carácter individual para persoas con discapacidade que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos, co fin de proporcionarlles un servizo alternativo de taxi para os seus desprazamentos
|
Forma de inicio
|
A petición da persoa interesada
|
Suxeito
|
Son requisitos esixibles ás persoas beneficiarias, que deberán estar cumpridos con anterioridade á data de finalización de presentación de solicitudes e manterse ao longo de todo o prazo de execución da actividade subvencionada, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, os seguintes: a) Ser maior de 3 anos. b) Residir no Concello da Coruña e constar empadroado. c) Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade mediante resolución (ou documento equivalente) do organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración correspondente na que conste que a discapacidade afecta gravemente á mobilidade e impide utilizar os transportes públicos colectivos. d) No caso de que a persoa solicitante se atope en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo. Nin tampouco ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade. e) Se a persoa é maior de 18 anos, non constar como titular de vehículo. f) Non dispoñer dunha capacidade económica, calculada conforme ao establecido na cláusula 6.4, superior ao 210% do IPREM vixente no ano 2021. g) Estar ao corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AET), co Concello da Coruña así como coa Tesourería da Seguridade Social.
|
Prazo de presentación
|
27 de novembro a 28 de decembro do 2020
|
Prazo de presentación
|
- A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello:
Direccions:
* Concello de A Coruña. Praza de María Pita, nº 1. C.P. 15001, A Coruña.
* Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1 C.P. 15006, A Coruña.
* Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n C.P. 15010, A Coruña.
- Por correo certificado dirixido ó Rexistro Xeral do concello .
- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimiento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Ningún
|
Órgano Xestor
|
Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación
|
Órgano que resolve
|
A concelleira da área de Igualdade, Benestar Social e Participación.
|
Prazo máximo de resolución e notificación
|
Tres meses, contados a partir da data de publicación da convocatoria
|
Observacións
|
O importe global das subvencións obxecto desta convocatoria específica é de cento vinte e cinco mil euros (125.000,00 ¤), gasto imputable á aplicación orzamentaria 51.231.480.06 O importe global dividirase a partes iguais entre todos as persoas solicitantes que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria sen que a contía concedida a cada unha delas individualmente supere o importe de 2.000,00 ¤, incluídos, no seu caso, os suplementos procedentes de modificacións orzamentarias
|
Efectos do silencio administrativo
|
Desestimatorio
|
Recursos posibles
|
-Recurso potestativo de reposición.
-Recurso contencioso administrativo.
-Calqueira outro recurso que se estime procedente
|
Outra información
|
Entrega de "bono-taxis" en soporte papel polo importe total da axuda concedida anualmente, nos prazos que se determinen, que terán validez exclusivamente para o exercicio 2021. Os bono-taxi deberán conter: a) Valor do bono b) DNI e nome da persoa c) Firma do beneficiario Os bono-taxi debidamente cumprimentados terán que ser entregados ao taxista. Os bono-taxi expediranse por importe de 0,5 ¤, 1¤ e 3¤ O beneficiario achegará a moeda fraccionada correspondente por importe inferior a 0,5 ¤
|