Sede electrónica

07:13:28 coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Solicitude inicial de axudas para a mellora da eficiencia e a accesibilidade en edificios de vivendas



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición Convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva para mellorar a eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas, a través das seguintes actuacións:

  1. Obras de mellora de eficiencia enerxética que permitan obter unha redución da demanda enerxética anual global do inmoble, xa sexan edificios de vivenda colectiva ou vivendas individualizadas, de polo menos un 25% sobre a situación previa á actuación.


  2. Obras de accesibilidade que afecten a elementos comúns en edificios de vivenda colectiva coa finalidade de dispoñer un percorrido completamente accesible desde o acceso do edificio desde vía pública ata cada unha das súas vivendas.

    Inclúense actuacións de instalación de novos ascensores, ampliación do percorrido de ascensores xa existentes para suprimir tramos de escaleiras, adaptación de percorridos accesibles ata eles, e renovación de instalacións xa existentes.

    En virtude das características estruturais e construtivas do edificio, así como do seu nivel de protección, tamén poderán ser obxecto de axuda aquelas obras que, sen alcanzar o devandito grao de accesibilidade completa, si permitan polo menos alcanzar os axustes razoables definidos no artigo 2 da Ordenanza Municipal Reguladora.


  3. Obras de accesibilidade que afecten o interior das vivendas nas que residan persoas con mobilidade reducida, ou maiores de 70 anos.

Forma de inicio A solicitude da persoa interesada.
Suxeito - As Comunidades de Propietarios e cada un dos propietarios, nas obras sobre os elementos comúns do edificio.

- O propietario ou ocupante con autorización deste, nas obras en vivendas.

- Os promotores, no caso de rehabilitación integral dun edificio non ocupado, cando se destine o seu domicilio habitual, a entidades benéficas sen fins de lucro, ou vivendas cualificadas como vivenda protexida de réxime xeral destinadas a aluguer protexido.

Prazo de presentación Dous meses, que se contarán desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP (15/12/2020), isto é, desde o 16 de decembro de 2020 ata o 15 de febreiro de 2021, ambos os incluídos.
Lugar de presentación Os suxeitos que se atopen obrigados a presentar a documentación por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, deberán presentar a solicitude por vía telemática, e poderán facelo a través do formulario web ao que se accede clicando no botón TRAMITAR da parte inferior desta pantalla, de acordo co disposto na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, ou por calquera outro rexistro público electrónico conforme ao artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Aqueles suxeitos que non se atopen obrigados á presentación da solicitude por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, deberán presentar a solicitude no Rexistro do Concello da Coruña, ou nalgún dos lugares dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, deo 1 de outubro.
Direccións:
* Concello da Coruña, Praza de María Pita nº 1 C. P. 15001 A Coruña
* Fórum Metropolitano, Rúa Río de Monelos nº 1 C. P. 15006 A Coruña
* Centro Sociocultural Ágora, Rúa Ágora s/n C. P. 15010 A Coruña
* Rexistro do Servizo de Rehabilitación e Vivenda, sito na rúa Cabaleiros 21 (Edificio Estación de Autobuses) C. P. 15009 A Coruña

Instruccións tramitación presencial No caso de que a solicitude se tramite de maneira presencial, deberase presentar obrigatoriamente a Instancia de Solicitude (Modelo 01), a Declaración responsable e autorización de consulta de datos (Modelo 02), a Declaración responsable e consulta de datos de persoas integrantes da Comunidade de Propietarios (Modelo 03) e a Declaración responsable dos membros da unidade familiar (Modelo 04). O Modelo 05 (Xustificación da execución da obra) só se presentará xunto coa solicitude se xa está finalizada a obra nese momento.

Instruccións tramitación electrónica No que caso de que a solicitude se tramite electronicamente, deberase cubrir a información do formulario web ao que se accede clicando no botón TRAMITAR da parte inferior desta pantalla. Non será necesario achegar á solicitude os Modelos 01 (Instancia de solicitude) e Modelo 02 (Declaración responsable e autorización de consulta de datos), pois o seu contido xa está recollido no formulario web.

Tributos Ningún.
Órgano Xestor Servizo de Rehabilitación e Vivenda
Órgano que resolve A Xunta de Goberno Local, ou o Concelleiro delegado da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade cando a subvención teña un importe de ata sesenta mil euros (60.000,00 ¤).
Prazo máximo de resolución e notificación O prazo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de 6 meses que se contarán desde o día seguinte a que remate o prazo para presentar as solicitudes.
Efectos do silencio administrativo Desestimatorio.
Recursos posibles - Recurso potestativo de reposición
- Recurso contencioso-administrativo
Contía das subvencións O importe máximo das axudas establecerase segundo o que se indica no artigo 8º da Ordenanza Municipal Reguladora.
Custo subvencionable O custo subvencionable é o custo das obras, que non poderá superar os custos medios de mercado. Incluirán tamén os honorarios profesionais técnicos e administrativos que interveñan. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos taxas e tributos.
Criterios de valoración das solicitudes
  • Para as solicitudes referidas a obras de mellora de eficiencia enerxética:

  • - Clasificaranse en primeiro lugar as actuacións sobre elementos comúns de edificios de vivendas, en virtude da maior redución de consumo de enerxía primaria que se produza como consecuencia das obras, e o maior número de vivendas afectadas por elas.
    - Clasificaranse en segundo lugar as actuacións sobre vivendas independentes, en virtude da maior redución de consumo de enerxía primaria que se produza como consecuencia das obras.
    En ambos os casos, o cálculo da redución realizarase mediante comparación do consumo de enerxía primaria que se estableza nos certificados de eficiencia enerxética que se deben achegar coa solicitude.

  • Para las solicitudes referidas a obras de accesibilidade en elementos comúns en edificios de vivenda colectiva:

  • - Clasificaranse en primeiro lugar as obras cuxa finalidade principal sexa instalar novos ascensores, ampliar os seus percorridos para suprimir tramos de escaleiras, ou adaptar percorridos accesibles ata eles, en edificios nos que residan persoas con discapacidade recoñecida ou redución de mobilidade acreditada.
    - Clasificaranse en segundo lugar as restantes obras cuxa finalidade principal sexa instalar novos ascensores, ampliar os seus percorridos para suprimir tramos de escaleiras, ou adaptar percorridos accesibles ata eles.
    - Clasificaranse en terceiro lugar as obras de renovación de ascensores sen modificar o seu percorrido, ou de implantación doutras medidas complementarias de accesibilidade, en edificios nos que residan persoas con discapacidade recoñecida ou redución de mobilidade acreditada:
    - Clasificaranse en cuarto lugar as restantes obras de renovación de ascensores sen modificación do seu percorrido, ou de implantación doutras medidas complementarias de accesibilidade.

  • Para as solicitudes referidas a obras de accesibilidade no interior de vivendas:

  • - Clasificaranse en primeiro lugar as obras en vivendas que constitúan o domicilio habitual de persoas con discapacidade recoñecida ou redución de mobilidade acreditada, e daráselles prioridade ás solicitudes que acrediten unha menor renda da unidade de convivencia.
    - Clasificaranse en segundo lugar as obras en vivendas que constitúan o domicilio habitual de persoas de idade igual ou superior a 70 anos, e daráselles prioridade entre estas ás solicitudes que acrediten unha menor renda da unidade de convivencia.

  • De aplicación en todos os supostos:

  • No caso de empate entre dúas solicitudes, concederáselle a subvención en primeiro lugar á que antes presentase a documentación completa.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
XERAL. Solicitud : Solicitude de concesión de axuda. (MODELO 01 "Instancia de Solicitude": cubrir e achegar no caso de tramitación presencial. Se se tramita telemáticamente, os datos deste modelo xa están incluídos no formulario web ao que se accede pulsando no botón TRAMITAR da parte inferior desta pantalla). Obrigatorio Ambas
XERAL: Declaración responsable (MODELO 02): Declaración responsable e autorización/non oposición a consulta de datos, pola propiedade do inmoble ou o seu representante no caso de comunidades de propietarios/bens( MODELO 02:cubrir e achegar só no caso de tramitación presencial. Se se tramita telemáticamente, os datos deste modelo xa están incluídos no formulario web ao que se accede pulsando no botón TRAMITAR da parte inferior desta pantalla). Obrigatorio Presencial
XERAL: Declaración responsable e autorización datos fiscais (MODELO 03): Declaración responsable e autorización/non oposición a consulta de datos, das persoas que formen parte de comunidades de propietarios/bens. (MODELO 03). Obrigatorio Ambas
XERAL: Certificados de estar al corriente : Certificados de estar ao corrente das obrigas fronte a Seguridade Social e/ou a Axencia Tributaria e o Concello da Coruña, no caso daquelas persoas que se opoñan ou non autoricen ás ditas consultas polo organo instrutor. Opcional Ambas
XERAL: Certificado bancario: Certificado emitido pola entidade bancaria no que conste o número de conta IBAN a nome da persoa beneficiaria. Obrigatorio Ambas
XERAL: Nota simple Rexistro da propiedade: Notas simples informativas do Rexistro da Propiedade nas que figure a actual propiedade de todos os inmobles para os que se solicite subvención, ou xustificante emitido polo Rexistro da Propiedade de ter solicitado a súa inscrición. Obrigatorio Ambas
XERAL: Documento identificativo DNI/NIF: DNI/NIE/CIF de la persona solicitante, y de la persona representante cuando esta exista. Obrigatorio Ambas
XERAL: Documentación acreditativa domicilio habitual: Documentación acreditativa de constituir domicilio habitual de las viviendas que no estén habitadas por sus propietarios, a efectos de acreditar el cumplimiento del artículo 3.3 de la Ordenanza Municipal Reguladora. Obrigatorio Ambas
XERAL TÉCNICA: Memoria técnica: No caso de non estar recolleita na documentación da licenza deberase presentar unha memoria técnica coa descrición das obras a realizar, fotografías do estado actual e xustificación da necesidade rehabilitadora. Opcional Ambas
XERAL TÉCNICA: Presupuestos: Orzamento aprobado da obra elaborado por empresa/s contratista/s, descomposto por partidas, medicións e prezos unitarios. Obrigatorio Ambas
XERAL TÉCNICA: Presupuestos comparativos: Orzamentos comparativos. Cando o presuposto ascenda a unha cantidade maior de 40.000 ¤ + IVE deberán achegarse como mínimo outros dous presupostos comparables entre eles e co presuposto elixido. Opcional Ambas
XERAL TÉCNICA: Memoria técnica xustificativa: Memoria técnica xustificativa cando o presuposto elixido non sexa o máis económico xustificándose a súa elección en base a criterios de eficiencia e enerxía. Opcional Ambas
XERAL TÉCNICA: Cadro resumo: Cadro resumo dos importes que formen parte do custo subvencionable da actuación. Obrigatorio Ambas
ELEMENTOS COMÚNS: Documentos identificativos CIF: Documento acreditativo do CIF da Comunidade (no caso de representante debe acompañarse tamén o DNI/NIE). Obrigatorio Ambas
ELEMENTOS COMÚNS: Certificación acordo CP: Certificación do acordo da CP emitida pola secretaría, co seguinte contido:
-aprobación da acreditación de cargos e representante da comunidade.
-aprobación da presentación da solicitude de subvención.
-aprobación da autorización das obras, e da contratación do resto de traballos técnicos e administrativos que formen parte do custo subvencionable.
-aprobación da elección do presuposto elixido (nome da empresa ou empresas e cantidade).
Obrigatorio Ambas
ELEMENTOS COMÚNS: Certificado porcentaxe participación: Certificado asinado pola secretaría da comunidade de propietarios, coa relación de propietarios (Nome, DNI, Piso/Local) e porcentaxe de participación de cada vivenda no coste total da obra para a que se solicita a subvención. Obrigatorio Ambas
ELEMENTOS COMÚNS: Documentación acreditativa situación personas: Documentación acreditativa da situación das persoas (discapacidade, mobilidade, idade) e do seu domicilio habitual cando proceda, a ter en conta na fase de clasificación das actuacións de accesibilidade. Opcional Ambas
OBRAS EN VIVENDAS: Declaración responsable membros (MODELO 04): Declaración responsable das persoas que integran a unidade familiar, e autorización de solicitude de nivel de renda (MODELO 04). Obrigatorio Ambas
OBRAS EN VIVENDAS: Declaración da renda: Declaración da renda do exercicio anterior de cada titular e de todos os integrantes da unidade familiar ou na súa falta, certificado de imputación do IRPF emitido pola Axencia Tributaria, no caso daquelas persoas que non autoricen a súa solicitude polo órgano instrutor. Opcional Ambas
OBRAS EN VIVENDAS: Autorización do propietario: Autorización do propietario do inmoble, no caso de que o solicitante da subvención non sexa o propietario. Opcional Ambas
OBRAS EN VIVENDAS: Documentación acreditativa situación personas: Documentación acreditativa da situación das persoas (discapacidade, mobilidade, idade) e do seu domicilio habitual cando proceda, a ter en conta na fase de clasificación das actuacións de accesibilidade Opcional Ambas
AXUDAS ADICIONAIS: Declaración responsable membros (MODELO 04): Declaración responsable das persoas que integran a unidade familiar, e autorización de solicitude de nivel de renda (MODELO 04). Opcional Ambas
AXUDAS ADICIONAIS: Declaración da renda: Declaración da renda do exercicio anterior de cada titular e de todos os integrantes da unidade familiar ou na súa falta, certificado de imputación do IRPF emitido pola Axencia Tributaria, no caso daquelas persoas que non autoricen a súa solicitude polo órgano instrutor. Opcional Ambas
AXUDAS ADICIONAIS: Volante colectivo de empadronamento: Volante colectivo de empadroamento, no caso de estar empadroado noutro concello. Opcional Ambas
XUSTIFICATIVA: Justificante ejecución obra (MODELO 05): Xustificación da execución da obra (MODELO 05). Opcional Ambas
XUSTIFICATIVA: Certificado final: Certificado fin da obra asinado polo técnico/a responsable. No caso de obras sen dirección técnica declaración responsable de telas executado, asinada polo solicitante e a/ empresa/s contratista/s. Opcional Ambas
XUSTIFICATIVA: Reportaxe fotográfica: Reportaxe fotográfica que recolla a totalidade das obras executadas, no caso de existir responsable técnico da súa execución, deberá vir asinada por este. Opcional Ambas
XUSTIFICATIVA: Memoria económica: Memoria económica xustificativa do custo das actuacións, co contido sinalado no artigo 7, apartado 6, da convocatoria. Opcional Ambas
XUSTIFICATIVA: Memoria técnica: Memoria técnica xustificativa de ter alcanzado os parámetros mínimos establecidos segundo a actuación proposta. Opcional Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
L 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
L 38/2003 Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeneral de subvencións.

Ver enlace
RD 887/2006 Real decreto 887/2006 de 21 de xuño, que aproba o Regulamento da lei 38/2003.

Ver enlace
L 9/2007 Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ver
LO 3/2018 Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Ver
Ordenanza Axudas Rehabilitación Vivendas Aprobación definitiva da Ordenanza municipal reguladora da concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivenda
Descargar
Ver enlace...

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática