Sede electrónica

coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Petición de taxas para oposición (dereitos de exame)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición Obtención de documento de autoliquidación de taxas por dereitos de exame para a participación en procesos selectivos.

Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.

Suxeito Persoa física, interesado principal ou representante.

Prazo de presentación Sen prazo. O prazo de presentación virá establecido nas bases da convocatoria.

Lugar e forma de presentación De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada. Direccións:


  • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.


  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.


  • Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.



- Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.


- A través do Rexistro Telemático NON se require identificación con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.


- No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.

Tributos Ordenanza fiscal núm. 1 reguladora de taxas por tramitación de documentos administrativos. A tarifa por dereitos de exame regúlase no artigo 6.2 da ordenanza.

Bases da convocatoria.

Órgano Xestor Área de Persoal do Concello da Coruña.

Órgano que resolve Concellería delegada de persoal.

Prazo máximo de resolución e notificación O prazo máximo de resolución e notificación será o establecido nas bases da convocatoria.

Recursos posibles Con carácter previo e potestativo o Recurso de Reposición previsto no art. 14 do Real decreto lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará dende o día seguinte ao da recepción desta notificación. Contra a desestimación deste recurso ou ante a ausencia de resolución expresa no prazo dun mes dende a súa interposición, poderá presentar a reclamación económico-administrativa.


Reclamación económico-administrativa, que terá carácter preceptivo previo ao recurso contencioso administrativo, prevista no art. 137 da Lei 7/85, segundo redacción dada pola Lei 57/2003 de medidas para a modernización do goberno local, ante o Tribunal Económico Administrativo Municipal, en idéntico prazo dun mes. Se non se notificase resolución expresa desta reclamación no prazo dun ano no procedemento ordinario e seis meses no abreviado, dende a súa presentación, entenderase desestimada para os efectos de interpoñer o recurso contencioso administrativo procedente.


Non se poderán simultanear ambos os recursos, de producirse esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da Lei 58/2003, xeral tributaria).

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude xeral: Solicitude debidamente cuberta. o caso de que se solicite telemáticamente a través desta sede electrónica, mediante o formulario web ao que se acceda. Se a presentación é presencial non será necesario.

Obrigatorio Ambas
Documentación Adicional : A que sexa esixible nas bases da convocatoria.

Opcional Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
L 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
L 11/07 Lei 11/2007,de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
LO 15/99 Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ver
L 7/2007 Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público.
LO 4/01 Lei orgánica 4/2001, de 12 de novembro, reguladora do dereito de petición.

Ver
Ordenanza fiscal nº 1 Ordenanza fiscal núm. 1 reguladora de taxas por tramitación de documentos administrativos. A tarifa por dereitos de exame regúlase no artigo 6.2 da ordenanza.

Ver enlace
Convocatoria Bases da convocatoria.
Outra Aqueloutra normativa que resulte de aplicación ao suposto.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática