Sede electrónica

22:27:33 coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Ayudas de creación artística para artistas individuales empadronados Concello Coruña año 2020 (Eje 3 PRESCO)



Nivel de modernización 1. Información

Nivel de modernización 1. Información

Información
Descrición Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados no Concello da Coruña ano 2020 (Eixo 3 do Plan de Reactivación Económica e Social da Coruña, Presco, liña 6: Programa dirixido á industria cultural).
Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.
Prazo de presentación Do 18.08.2020 ao 07.09.2020 (PRAZO FINALIZADO).
Lugar de presentación - A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña.
- De forma presencial, mediante CITA PREVIA, no Rexistro Xeral do Concello:
  • Enderezos:

  • *Concello de A Coruña Praza de María Pita nº 1 C.P. 15001 A Coruña
    *Fórum Metropolitano Rúa Río de Monelos nº 1 C.P. 15006 A Coruña
    *Centro Sociocultural Ágora Rúa Ágora s/n C.P. 15010 A Coruña
    *Rexistro Área Económica Rúa da Franja, nº 20 C.P. 15001 A Coruña
    *Rexistro Específico, p.e. OMIC"
    - Por correo certificado dirixido ó Rexistro Xeral do concello
    - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimiento administrativo común das Administracións Públicas.
    Tributos Ningún.
    Órgano Xestor Servizo de Cultura.
    Órgano que resolve Concellaría de Educación, Cultura e Memoria Histórica, por delegación da Xunta de Goberno Local.
    Prazo máximo de resolución e notificación O prazo máximo de resolución e notificación/publicación da concesión das axudas é de 3 meses, contados a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O período utilizado para a corrección de deficiencias e achega de documentos interromperá devandito prazo, ao amparo do artigo 22.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
    Efectos do silencio administrativo Desestimatorio.
    Recursos posibles - Recurso potestativo de reposición
    - Recurso contencioso-administrativo
    - No caso de desestimación presunta, que se producirá se no prazo dun mes non se resolveu o recurso de reposición interposto (art. 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas), a interposición do recurso contencioso-administrativo non se suxeita a prazo de caducidade (Sentenza do Pleno do TC STC 52/2014, do 10 de abril).

    Documentación para achegar
    Tipo Presentación
    Solicitud Específica: Solicitude que deberá cubrirse e presentarse no modelo oficial establecido que se adxunta a esta convocatoria. Opcional Ambas
    Documentos identificativos: Fotocopia do DNI ou NIF do solicitante. Opcional Ambas
    Declaración responsable otras ayudas o subvenciones: Declaración responsable das subvencións ou axudas solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional. Opcional Ambas
    Declaración responsable de no estar incurso en prohibición: Declaración responsable de non estar incursos en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de persoa/entidade beneficiaria a que se refire o artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións. Opcional Ambas
    Certificado bancario original: Certificación dos datos bancarios do/da beneficiario/a de a subvención (orixinal expedido pola entidade bancaria). Opcional Ambas
    Compromiso imagen institucional: Compromiso de que figure o logotipo do Concello da Coruña, nun lugar visible e de tamaño polo menos equivalente ao logotipo dos seus principais patrocinadores en calquera das actividades realizadas con relación co proxecto presentado. Opcional Ambas
    Certificado obligaciones tributarias: Certificado acreditativo de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias coa Axencia Tributaria estatal e autonómica, o Concello e a Seguridade Social. Na solicitude de axuda o interesado autoriza ao Concello para consultar o cumprimento deste apartado. De non facelo, deberá o interesado achegar as certificacións acreditativas oportunas.
    De conformidade co artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, o Concello da Coruña, e sempre que tecnicamente sexa posible, solicitará as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Axencia Tributaria de Galicia e o propio Concello da Coruña, para verificar o cumprimento deste apartado. Con todo, a persoa solicitante ou o seu representante poderán opoñerse expresamente á consulta ou obtención da documentación sinalada, debendo neste caso, presentar a documentación acreditativa nos termos previstos regulamentariamente, achegando as certificacións acreditativas oportunas.
    Opcional Ambas
    Otra documentación: Os demais contemplados na Ordenanza Xeral de Subvencións da área de Benestar do Concello da Coruña e na Lei Xeral de Subvencións. Opcional Ambas
    Proyecto: Proxecto (o máis detallado posible) para o que se solicita a axuda no que se poderán incluír, entre outros, os seguintes puntos:
    1. Título do proxecto.
    2. Breve descrición do proxecto e fundamentación do mesmo.
    3. Obxectivos do proxecto.
    4. Destinatarios, indicando número e características.
    5. Contexto social no que se desenvolve.
    6. Colaboradores no proxecto.
    7.Recursos humanos, materiais e económicos cos que se conta para a realización do proxecto
    8. Cronograma de realización do proxecto.
    9. Ferramentas de comunicación pública do proxecto,
    10. Medidas para a atención á diversidade e políticas de igualdade de xénero que se contemplan.
    11. Compromiso de utilización de linguaxe non sexista.
    12. Medidas para compatibilizar o proxecto co respecto ao medio ambiente e a súa sustentabilidade.
    Opcional Ambas
    Presupuesto: Orzamento, o máis pormenorizado posible, de ingresos e gastos do proxecto ou iniciativa para o que se solicita a axuda. Os orzamentos presentaranse cun cadro de ingresos e outro de gastos, no apartado de gastos só se deben incluír gastos correntes, non admitíndose gastos de investimento. En ningún caso a suma dos ingresos incluída a axuda solicitada pode superar o total dos gastos orzados. Opcional Ambas
    Memoria: Memoria das actividades artísticas e culturais realizadas polo solicitante, ou currículo vitae do mesmo, no que veña detallada a súa actividade ou experiencia no ámbito cultural. Opcional Ambas
    Carta invitación: Cartas de aceptación ou invitación. Nos casos de mobilidade de obra e/ou creadores presentaranse as cartas de aceptación na residencia, institución, sala de exposicións, etc. na que se queira realizar o proxecto. Nos casos de produción de obra nos que se teña convida unha exposición, edición, representación, etc. achegarase tamén a carta de compromiso. Opcional Ambas
    Memoria genérica: Nos casos de proxectos de creación artística presentarase unicamente unha memoria xenérica e un orzamento de gastos.
    A documentación presentada coas solicitudes non se devolverá aos interesados, nin se manterá correspondencia sobre a mesma.
    No caso de que os documentos esixidos xa estivesen en poder de calquera órgano do Concello da Coruña, o solicitante poderá acollerse ao establecido no parágrafo 1 apartado d) do artigo 53 da Lei 39/2015, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, no seu caso, emitido, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.
    No suposto de imposibilidade material de obter algún dos documentos, o órgano competente poderá requirir ao solicitante ou o seu representante, a presentación do devandito documento ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o mesmo, coa anterioridade á formulación da proposta de resolución.
    Os documentos normalizados sinalados como "anexos" nesta convocatoria deben ser cubertos obrigatoriamente e as persoas solicitantes poderanos completar xuntando a documentación que consideren oportuna para que as súas solicitudes sexan valoradas o mellor posible.
    Opcional Ambas

    Normativa
    L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

    Ver
    L 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

    Ver
    LO 3/2018 Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

    Ver
    RD 1720/2007 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

    Ver
    L 38/2003 Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeneral de subvencións.

    Ver enlace
    L 9/2007 Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ver
    Ordenanza Xeral de Subvencións da Área Benestar Ordenanza Xeral de Subvencións da Área de Benestar do Excmo. Concello da Coruña (BOP nº 40 do 19/02/2005)

    Ver enlace
    Ordenanzas Ordenanzas vixentes do Concello.
    Ayudas creación artístas individuales empadronados en Concello Coruña. Año 2020 Subvención dirixida á creación artística de artistas individuais empadroados no Concello da Coruña ano 2020. (EIXO 3 PRESCO)
    Ver ficheiro...

    Tramitación presencial
    Instancia de solicitude
    Lenda
    Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
    Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática