Sede electrónica

23:42:02 coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Subvenciones destinadas a actividades de interés social en materia de Igualdad y Diversidad para el ejercicio 2020



Nivel de modernización 1. Información

Nivel de modernización 1. Información

Información
Descrición A finalidade da subvención é apoiar economicamente ás entidades da cidade na promoción da igualdade de xénero e inclusión social atendendo ás diversidades existentes e a prevención das violencias machistas, de acordo a criterios obxectivos que ponderen a relevancia e coherencia.
Forma de inicio Solicitude da persoa interesada
Suxeito As persoas físicas, xurídicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, estean validamente constituídas e poidan levar a cabo as actividades ou proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado os requisitos da persoa beneficiaria deberán ser cumpridos por todos e cada un dos socios ou socias, independente da súa porcentaxe na sociedade. Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos do artigo 13 de Lei Xeral de Subvencións así como os da Base 8 da convocatoria.
Prazo de presentación Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín oficial da provincia da Coruña (do 07 de agosto ao 07 de septembro de 2020 - PRAZO FINALIZADO).
Lugar de presentación - A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña.

- De forma presencial, mediante CITA PREVIA, no Rexistro Xeral do concello. Enderezos:

  • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.

  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.

  • Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.

  • - Nos lugares establecidos no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

    Tributos Ningún.
    Órgano Xestor Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación
    Órgano que resolve A Concelleira da área de Igualdade, Benestar Social e Participación.
    Prazo máximo de resolución e notificación O prazo máximo de resolución e notificación/publicación da concesión das subvencións é de seis meses, contados a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
    Observacións As propostas de resolución provisional e definitiva non crean dereito algún a favor da beneficiaria proposta fronte á Administración, mentres non se lle notificou a resolución da concesión.
    Efectos do silencio administrativo Desestimatorio.
    Recursos posibles - Recurso potestativo de reposición
    - Recurso contencioso-administrativo
    - Calquera outro que se estime procedente
    Outra información Dadas as características das destinatarias das subvencións, a contía, así como a natureza das iniciativas obxecto de subvención, poderá acordarse o pago anticipado da subvención outorgada, que supoñerá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, todo iso acorde coa Base 20 da convocatoria.

    Documentación para achegar
    Tipo Presentación
    Solicitud General: Solicitude específica (Anexo S.0), asinada pola persoa interesada, a titular da Presidencia e/ou representante da entidade ou agrupación solicitante, na que figuran as seguintes declaracións responsables:

    - Non estar incursos en ningún dos supostos de prohibición a que se refire o artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións.
    - Do compromiso de que todo o persoal dedicado á realización das actividade ou proxecto solicitada que impliquen contacto habitual con menores cumpre co requisito previsto no artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro de Protección Xurídica do menor e no artigo 8.4 da Lei 45/2015, do 14 de outubro, de Voluntariado.
    - Do compromiso para manter na xustificación a porcentaxe de cofinanciamento da solicitude.
    - Non ser sancionada en firme en vía administrativa, laboral ou penal por vulneración do dereito á igualdade e á non discriminación por razón de sexo.
    - Que os fins ou obxectivos da solicitante, sistema de admisión ou acceso, funcionamento, traxectoria, actuación, organización ou estatutos non son contrarios ao principio de igualdade entre mulleres e homes na diversidade.
    - Que a entidade solicitante cumpre as obrigacións establecidas na Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

    Opcional Ambas
    Estatutos: Estatutos vixentes polos que se rexe a entidade solicitante (fotocopia compulsada). Opcional Ambas
    Estatutos otras entidades: Estatutos das entidades que participen en rede na execución do proxecto/actividade/actuación para a que se solicita a subvención. Opcional Ambas
    Certificados cargos representativos: Certificación acreditativa dos cargos representativos, finalidade e do domicilio social da entidade, mediante o enchemento do modelo (Anexo S.5). Opcional Ambas
    Código de identificación fiscal: Código de identificación fiscal (CIF) da entidade (fotocopia compulsada) ou número de identificación fiscal (NIF) das persoas físicas que integren a agrupación solicitante (fotocopia compulsada). Opcional Ambas
    Fotocopia DNI/NIF representante: Fotocopia compulsada do DNI/NIF do representante legal da entidade. Opcional Ambas
    Certificación datos bancarios: Certificación dos datos bancarios da solicitante, con correspondencia exacta cos datos achegados pola interesada no que respecta ao nome ou denominación social, CIF ou NIF e o número de conta bancaria (en formato IBAN). Opcional Ambas
    Declaración documentación entregada previamente en el Ayuntamiento de A Coruña: Declaración, no caso de que proceda, de que a documentación xenérica relativa á entidade, xa consta no Concello da Coruña, e non sufriu modificación ou transcorreu o prazo da súa validez (5 anos desde a finalización do procedemento ao que corresponda), segundo modelo Anexo S.6. Opcional Ambas
    Memoria actividades: Memoria de actividades realizadas con anterioridade, mediante o enchemento do Anexo S.7 Opcional Ambas
    Memoria activiades y proyectos: Memoria explicativa de cada unha das actividades ou proxectos solicitados, coas especificacións que se detallan no modelo do Anexo S.1. A memoria debe seguir o formato do Anexo S.1. Non será valorada a documentación complementaria. Opcional Ambas
    Presupuesto de ingresos y gastos: Orzamento de ingresos e gastos das actividades ou proxectos, ou actuacións solicitadas, con expresión do financiamento previsto e ao nivel de detalle que permita identificar e comprobar que todos os conceptos de gasto son subvencionables, (Anexo S.2). Incluirá declaración responsable para a valoración do nivel de achega propio (financiamento) da entidade, de acordo co indicado na Base 5 da presente convocatoria. Opcional Ambas
    Certificado concurrencia subvenciones: Certificación das subvencións solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade ou proxecto, ou actuación, obxecto da solicitude de subvención, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, (Anexo S.3). Opcional Ambas
    Declaración contratación personal vinculado: Declaración sobre a previsión de contratación para a execución da actividade ou proxecto, ou actuación solicitada, de persoas ou entidades vinculadas coa entidade solicitante, segundo o establecido na Base 7.2. anterior (Anexo S.4). Opcional Ambas
    Documentacion adicional: Calquera outra documentación que a entidade ou agrupación solicitante entenda que é pertinente para unha mellor valoración da solicitude ou para maior detalle da descrición da actividade ou proxecto, ou actuación solicitada, mediante a presentación dunha memoria complementaria a efectos de ampliar a información requirida no Anexo S.1 e cunha extensión que non poderá exceder de 6 folios. Opcional Ambas

    Normativa
    L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

    Ver
    L 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

    Ver
    LO 3/2018 Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

    Ver
    L 38/2003 Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeneral de subvencións.

    Ver enlace
    RD 887/2006 Real decreto 887/2006 de 21 de xuño, que aproba o Regulamento da lei 38/2003.

    Ver enlace
    Ordenanza Xeral de Subvencións da Área Benestar Ordenanza Xeral de Subvencións da Área de Benestar do Excmo. Concello da Coruña (BOP nº 40 do 19/02/2005)

    Ver enlace
    Igualdad 2020 Convocatoria para a concesión de subvencións destinadas a actividades de interés social en materia de igualdade e diversidade para o exercicio 2020

    Tramitación presencial
    Instancia de solicitude
    Lenda
    Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
    Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática