Sede electrónica

13:16:09 coruna.es > Inicio > Información do procedemento

coruna.es



Subvencións para empresas Plan Reactivación Económica e Social (PRESCO)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
AVISO As solicitudes de subvencións deben presentarse xunto coa documentación correspondente para seren admitidas a trámite. Base 9 da convocatoria
Descrición Subvencións polo COVID-19 para o comercio, hostalería e en xeral empresas dentro do Plan de Reactivación Económica e Social (PRESCO)

LIÑA 1: Subvención para gastos correntes (Apoio e mantemento da actividade económica)
1.A.- Axudas dirixidas a autónomos e micropemes (cotas Seguridade Social)
1.B.- Axudas dirixidas a sufragar alugueiros de locais comerciais, de hostalería ou sector servizos
1.C.- Subvención a autónomos e micropemes para o pago de xuros
1.D.- Programa de incentivos á contratación de persoal

LIÑA 2: Subvención para investimentos (Apoio á mellora, adaptación e transformación dixital das empresas)
2.A.- Axudas a gastos de adaptación, acondicionamento de comercios, hostalería e outras empresas
2.B.- Transformación dixital de empresas
Forma de inicio Solicitude da persoa interesada
Suxeito Persoas autónomas e micropemes cuxa actividade económica se exerza no termo municipal da Coruña
Considéranse micropemes aquelas que cumpran cando menos dous destes requisitos:
a) Que o total das partidas do activo non superen o millón de euros.
b) Que o importe neto da súa cifra anual de negocios non supere os dous millóns de euros.
c) Que o número medio de traballadores empregados durante o exercicio non sexa superior a dez.
Prazo de presentación De 7 de xullo ata as 23:59 horas do 15 de setembro de 2020
Lugar de presentación A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña
Tributos Ningún
Órgano Xestor Departamento de Promoción económica e comercio
Órgano que resolve Persoa titular da área de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Comercio e Mercados mercados, por delegación da Xunta de Goberno Local
Prazo máximo de resolución e notificación Seis meses, a partir da data de publicación da convocatoria
Observacións O importe global desta convocatoria específica é de SEIS MILLÓNS DOUSCENTOS TRINTA E CINCO MIL EUROS (6.235.000,00), desagregados do seguinte modo:
-Subvención para gastos correntes (Apoio e mantemento da actividade económica): 4.985.000,00 ¤
-Subvención para investimentos (Apoio á mellora e adaptación e transformación dixital das empresas): 1.250.000,00 ¤
Efectos do silencio administrativo Desestimatorio
Recursos posibles - Recurso potestativo de reposición
- Recurso contencioso-administrativo

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Anexo S1: Anexo S1. Solicitude Opcional Telemática
Representación: De ser o caso, documentación acreditativa da representatividade Opcional Telemática
Escrituras de constitución: Escrituras públicas de constitución da sociedade debidamente rexistradas, de ser o caso Opcional Telemática
Contrato ou documento de creación SC/SB: Contrato ou documento de creación da comunidade de bens ou sociedade civil onde conste a porcentaxe de participación das persoas socias ou comuneIras, de ser o caso Opcional Telemática
Acreditación do recoñecemento da prestación extraordinaria por cese da actividade: Este será requisito para ser perceptor/a de calquera das axudas da liña 1 (segundo o establecido no artigo 17 do Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do Covid-19) Opcional Telemática
Anexo Liña 1A: Anexo no caso de solicitar esta liña de subvención Opcional Telemática
Informe de vida laboral: En 1.A, para o caso de persoas autónomas ou socias, informe actualizado da vida laboral da persoa traballadora autónoma ou, en caso de sociedade, de cada unha das persoas socias polas que se solicita subvención, emitido pola Seguridade Social ou, de ser o caso, certificado da mutualidade de colexio profesional con indicación dos períodos de alta na actividade Opcional Telemática
Informe de bases cotización: En 1.A, para o caso de persoas autónomas ou socias, informe actualizado de bases de cotización e cotas subvencionadas emitido pola Seguridade Social da persoa traballadora autónoma ou, en caso de sociedade, de cada unha das persoas socias polas que se solicita subvención. No caso de persoas en situación de alta en mutualidade de colexio profesional, certificación onde conste o importe do gasto así como acreditación do seu pago, desagregado de maneira mensual Opcional Telemática
Informe de vida laboral: En 1.A, para o caso de persoas traballadoras contratadas por conta allea, informe de vida laboral de empresa correspondente ao período subvencionado Opcional Telemática
Cotización: En 1.A, traballadoras/es, documentos que acrediten a cotización á seguridade social da persoa contratada, documentos de cotización Relación Nominal de Traballadores (RNT) e o documento de Relación de liquidación de cotizacións (RLC) (anteriores TC1 e TC2) correspondentes aos meses subvencionados e a acreditación bancaria do pago Opcional Telemática
Anexo Liña 1B: Anexo no caso de solicitar esta liña de subvención Opcional Telemática
Contrato de alugueiro: En 1.B, contrato de alugueiro do local Opcional Telemática
Recibos do alugueiro: En 1.B, recibo ou factura do mes anterior ao da solicitude e xustificante bancario do seu pago Opcional Telemática
Anexo Liña 1C: Anexo no caso de solicitar esta liña de subvención Opcional Telemática
Contrato operación financeira: En 1.C, contrato de formalización da operación financeira, ou no seu defecto proxecto ou presuposto do préstamo Opcional Telemática
Xustificante xuros: En 1.C, no seu caso, xustificante dos recibos ou facturas dos xuros aboados e xustificante bancario do seu pago Opcional Telemática
Anexo Liña 1D: Anexo no caso de solicitar esta liña de subvención Opcional Telemática
Contratos de traballo: En 1.D, contrato formalizado con algún dos colectivos especificados na base 8.2.4 da convocatoria Opcional Telemática
Anexo Liña 2A: Anexo no caso de solicitar esta liña de subvención Opcional Telemática
Anexo Liña 2B: Anexo no caso de solicitar esta liña de subvención Opcional Telemática
Orzamento ou factura proforma: En 2.A e 2.B, no caso que o investimento xa estivera realizado, a factura e o xustificante bancario do pago Opcional Telemática
Especificacións técnicas: En 2.A e 2.B, descrición ou indicación das especificacións das reformas, de non estar suficientemente indicadas no orzamento Opcional Telemática
Memoria: En 2.A e 2.B, memoria das actuacións para as que se solicita a subvención, que incluirá: a xustificación da necesidade, descrición do investimento, obxectivos e mellora que representa a súa adquisición Opcional Telemática

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas.

Ver
L 7/85 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ver
L 11/07 Lei 11/2007,de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
LO 3/2018 Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Ver
L 38/2003 Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeneral de subvencións.

Ver enlace
RD 887/2006 Real decreto 887/2006 de 21 de xuño, que aproba o Regulamento da lei 38/2003.

Ver enlace
L 9/2007 Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ver
Ordenanza Xeral de Subvencións da Área Benestar Ordenanza Xeral de Subvencións da Área de Benestar do Excmo. Concello da Coruña (BOP nº 40 do 19/02/2005)

Ver enlace
Axudas PRESCO Convocatoria de axudas do Plan Reactivación Económica e Social da Coruña
Ver enlace

Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática