Descrición
|
Mediante este acto de trámite permítese a presentación de documentación, alegacións e/ou recursos a un expediente xa en curso, xa sexa por requirimento da administración ou por iniciativa da persoa interesada.
|
Forma de inicio
|
Solicitude da persoa interesada.
|
Suxeito
|
As persoas interesadas no procedemento ou os seus representantes legais.
|
Prazo de presentación
|
Para a emenda de documentación, como regra xeral o prazo de presentación será de 10 días hábiles que se contarán dende o día seguinte á notificación do requirimento de emenda da solicitude, sen prexuízo dos prazos concretos asignados pola lexislación específica.
No resto dos casos as persoas interesadas poderán aducir alegacións e presentar documentos ou outros elementos de xuízo en calquera momento do procedemento anterior ao trámite de audiencia.
Tamén se poderán presentar por esta vía os recursos pertinentes.
|
Lugar e forma de presentación
|
- A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña. - De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Direccións:
- Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n. C.P. 15010 A Coruña.
- Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello. - No resto dos supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas.
|
Tributos
|
Ningún.
|
Órgano Xestor
|
Unha vez realizado o asento dende rexistro xeral procederase a trasladalo ao órgano xestor do procedemento que se estea tramitando.
|
Observacións
|
É importante indicar o código do expediente ao que se presentan a documentación e/ou alegacións.
|