Sede electrónica

coruna.es > Inicio

coruna.es



Sede electrónica

Servizo de información e atención ao cidadán

Tal e como reflicte o preámbulo da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos, as novas tecnoloxías da información e as comunicacións modificaron a forma de actuar e relacionarse das persoas, estes cambios foron tidos en conta polo Concello da Coruña formando parte das iniciativas enmarcadas dentro da Axenda Dixital, destinada a configurar o contexto dixital que sirva á súa vez de motor para a incorporación das TIC no proceder do Concello. Neste sentido, a Sede Electrónica posiciónase como un dos principais elementos que conformarán o impulso da sociedade dixital e do coñecemento, co obxectivo de incrementar a confianza dixital da cidadanía na Administración.

No apartado de 'Catálogo de servizos' poñemos á túa disposición a información que necesitas coñecer para realizar os trámites máis habituais, dentro de cada trámite atoparás información sobre quen son as persoas responsables de tramitar e resolver a túa solicitude, como e onde se pode tramitar, documentación necesaria, datas e prazo de presentación, en que prazo nos comprometemos a tramitar a túa demanda, e outra información adicional para que poidas realizar o trámite que che interese coa máis completa información previa, así como a descarga da solicitude.

Se a solicitude a realizas a través do Rexistro Electrónico obterás un xustificante, de igual valor xurídico que o que obterías se a dita solicitude a presentases de xeito presencial, e, ademais poderás validar os documentos dixitais que recibas, con plenas garantías da confidencialidade dos teus datos persoais, a autenticidade dos datos transmitidos e seguridade xurídica das accións realizadas co teu certificado dixital.

Terás o Concello á túa disposición as 24 horas do día, 7 días á semana, todos os días do ano, sen esperas, sen horarios nin colas.

Para a utilización dalgúns dos servizos será necesario que contes cun certificado dixital ou con DNIe.

Acceso a norma de creación da Sede Electrónica Acceso a norma de creación

NOTA DE SEGURIDADE: a Sede Electrónica do Concello da Coruña emprega un certificado de servidor seguro que garante a confidencialidade e autenticidade dos datos e contidos que se proporcionan. É posible que ao acceder a ela apareza algunha das seguintes alertas de seguridade:

  • Aviso de seguridade Internet Explorer (abrirase nunha nova ventá)
  • Aviso de seguridade Firefox (abrirase nunha nova ventá)
  • Aviso de seguridade Google Chrome (abrirase nunha nova ventá)

IMPORTANTE: se recibe algunha destas alertas de seguridade, acceda ás seguintes Instrucións de configuración.