Tal e como reflicte o preámbulo da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos, as novas tecnoloxías da información e as comunicacións modificaron a forma de actuar e relacionarse das persoas, estes cambios foron tidos en conta polo Concello da Coruña formando parte das iniciativas enmarcadas dentro da Axenda Dixital, destinada a configurar o contexto dixital que sirva á súa vez de motor para a incorporación das TIC no proceder do Concello. Neste sentido, a Sede Electrónica posiciónase como un dos principais elementos que conformarán o impulso da sociedade dixital e do coñecemento, co obxectivo de incrementar a confianza dixital da cidadanía na Administración.
No apartado de 'Catálogo de servizos' poñemos á túa disposición a información que necesitas coñecer para realizar os trámites máis habituais, dentro de cada trámite atoparás información sobre quen son as persoas responsables de tramitar e resolver a túa solicitude, como e onde se pode tramitar, documentación necesaria, datas e prazo de presentación, en que prazo nos comprometemos a tramitar a túa demanda, e outra información adicional para que poidas realizar o trámite que che interese coa máis completa información previa, así como a descarga da solicitude.
Se a solicitude a realizas a través do Rexistro Electrónico obterás un xustificante, de igual valor xurídico que o que obterías se a dita solicitude a presentases de xeito presencial, e, ademais poderás validar os documentos dixitais que recibas, con plenas garantías da confidencialidade dos teus datos persoais, a autenticidade dos datos transmitidos e seguridade xurídica das accións realizadas co teu certificado dixital.
Terás o Concello á túa disposición as 24 horas do día, 7 días á semana, todos os días do ano, sen esperas, sen horarios nin colas.
Para a utilización dalgúns dos servizos será necesario que contes cun certificado dixital ou con DNIe.
Acceso a norma de creación da Sede Electrónica Acceso a norma de creación